[Tradutores-Ubuntu] "Release notes" de Ubuntu

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed Oct 29 12:20:34 GMT 2008


2008/10/29 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
> Leandro Regueiro escribiu:
>>>
>>> Non me gusta moito a tradución vinculada por "bonded", pero non atopo
>>> outra mellor. "Vincular" é correcto... de feito busquei agora
>>> "vencellar" e non aparece no dicionario... ¿sabe alguén se é correcta
>>> (eu pensaba que si)?
>>>
>>
>> Respecto a isto supoño que estás establecendo terminoloxía. Non lembro
>> ter visto unha tradución sobre isto en ningures. Comprobando no
>> open-tran resulta que en opensuse se traduciu como unidas, pero
>> descoñezo o contexto. Eu sen contexto teriao traducido coma "ligado".
>>
>
> Para aportar o contexto: unha "bonded Ethernet" son varias tarxetas
> Ethernet actuando como unha soa.

A falta de traducións mellores, e de saber como o fan en varias outras
linguas romances, diria que enlazado está ben.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list