[Tradutores-Ubuntu] "Release notes" de Ubuntu
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Wed Oct 29 12:13:27 GMT 2008
>> sen fíos → inarámicas ??
>
> "Inarámico" non existe. Seguindo o glosario de Trasno, usei "sen fíos"
> (que me parece moi acertada).
É sen fíos. O de inarámico óese moito porque os da TVG din cousas que
non se molestan nin en comprobar se existen.
>> vinculada → vencellada ??
>>
> Non me gusta moito a tradución vinculada por "bonded", pero non atopo
> outra mellor. "Vincular" é correcto... de feito busquei agora
> "vencellar" e non aparece no dicionario... ¿sabe alguén se é correcta
> (eu pensaba que si)?
Respecto a isto supoño que estás establecendo terminoloxía. Non lembro
ter visto unha tradución sobre isto en ningures. Comprobando no
open-tran resulta que en opensuse se traduciu como unidas, pero
descoñezo o contexto. Eu sen contexto teriao traducido coma "ligado".
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list