[Tradutores-Ubuntu] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)
Suso Baleato
suso.baleato at xunta.es
Sun Nov 23 23:41:01 GMT 2008
Estupendas notícias!! Por suposto calquera cousa que poidamos fornecervos
dende Mancomún só tendes que avisar!
Ánimo e pradiante!
Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Ola a todos!,
>
> A raíz deste correo por fin puxen as pilas e deille para adiante ao
> asunto do LoCo Team. Para recapitular: a idea sería ter toda a
> infraestrutura para proporcionarlle soporte por parte da comunidade ao
> Ubuntu en galego (incluiríamos aquí tamén o soporte comunitario para o
> AraOS). Desde o meu punto de vista o equipo de tradución pasaría tamén
> a formar parte desta meta-estrutura.
>
> A pesar de que tal vez sexa moi axiña, solicitei que nos aprobasen como
> "LoCo Team" oficial [1]. Hai que cumprir certos requisitos para que nos
> acepten como tal:
>
> * Encher unha solicitude [2]
> * Ter unha páxina web ou un wiki [3]
> * Ter unha lista de correo [4] (soliciteina, pero seguramente
> tardarán uns días)
> * Ter un foro [5] (tamén está solicitado [6], pero sen aprobar)
> * Ter unha canle IRC [7]
>
> Agradeceríavos que lle botásedes un ollo ás distintas wikis e que as
> mellorásedes na medida do posible. Por suposto, calquera
> idea/comentario/axuda será benvida!!
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
> [1] https://wiki.ubuntu.com/LoCoCouncilAgenda
> [2] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam/ApprovalApplication
> [3] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam
> [4] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-gal
> [5] http://gal.ubuntuforums.org
> [6] http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=991200
> [7] #ubuntu-gal en FreeNode
>
> Suso Baleato wrote:
> > Boas a todos/as:
> >
> > Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
> >
> > - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
> > Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
> > incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
> > que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
> > xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
> > quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
> > ilo facendo.
> >
> > - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
> > galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
> > [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo
> > de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de
> > coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
> > de ser remasterizada [5] a semana pasada.
> >
> > - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
> > inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que
> > incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
> > respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
> > faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
> > tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
> > xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
> > casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
> > administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
> > que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
> > presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
> > institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar
> > na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
> > Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
> > así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo
> >
> > eventos (en) mancomun.org
> >
> > - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
> > con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
> > redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
> > facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
> > en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat,
> > Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que
> > propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
> >
> > Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
> >
> > Saúdos,
> >
> > --
> >
> > [0] http://ftp.mancomun.org/
> > [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
> > [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
> > [3] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
> > [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
> > [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
> >
> >
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list