[Tradutores-Ubuntu] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)
Felipe Gil Castiñeira
xil at uvigo.es
Sun Nov 23 22:55:39 GMT 2008
Ola a todos!,
A raíz deste correo por fin puxen as pilas e deille para adiante ao
asunto do LoCo Team. Para recapitular: a idea sería ter toda a
infraestrutura para proporcionarlle soporte por parte da comunidade ao
Ubuntu en galego (incluiríamos aquí tamén o soporte comunitario para o
AraOS). Desde o meu punto de vista o equipo de tradución pasaría tamén
a formar parte desta meta-estrutura.
A pesar de que tal vez sexa moi axiña, solicitei que nos aprobasen como
"LoCo Team" oficial [1]. Hai que cumprir certos requisitos para que nos
acepten como tal:
* Encher unha solicitude [2]
* Ter unha páxina web ou un wiki [3]
* Ter unha lista de correo [4] (soliciteina, pero seguramente
tardarán uns días)
* Ter un foro [5] (tamén está solicitado [6], pero sen aprobar)
* Ter unha canle IRC [7]
Agradeceríavos que lle botásedes un ollo ás distintas wikis e que as
mellorásedes na medida do posible. Por suposto, calquera
idea/comentario/axuda será benvida!!
Un saúdo.
Felipe.
[1] https://wiki.ubuntu.com/LoCoCouncilAgenda
[2] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam/ApprovalApplication
[3] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam
[4] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-gal
[5] http://gal.ubuntuforums.org
[6] http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=991200
[7] #ubuntu-gal en FreeNode
Suso Baleato wrote:
> Boas a todos/as:
>
> Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
>
> - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
> Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
> incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
> que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
> xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
> quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
> ilo facendo.
>
> - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
> galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
> [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo
> de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de
> coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
> de ser remasterizada [5] a semana pasada.
>
> - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
> inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que
> incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
> respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
> faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
> tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
> xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
> casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
> administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
> que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
> presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
> institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar
> na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
> Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
> así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo
>
> eventos (en) mancomun.org
>
> - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
> con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
> redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
> facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
> en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat,
> Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que
> propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
>
> Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
>
> Saúdos,
>
> --
>
> [0] http://ftp.mancomun.org/
> [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
> [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
> [3] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
> [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
> [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
>
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list