[Tradutores-Ubuntu] Liberación de AraOS v1.0 (era Re: Ubuntu en galego)

Felipe Gil Castiñeira xil at uvigo.es
Tue Nov 25 12:10:38 GMT 2008


Calquera aportación na solicitude (especialmente na parte de "roadmap"),
axudaranos a que nos fagan oficiais o antes posible... así que ¡animádevos!

Saúdos!

[1] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam/ApprovalApplication

Suso Baleato escribiu:
> Estupendas notícias!! Por suposto calquera cousa que poidamos fornecervos
> dende Mancomún só tendes que avisar!
>
> Ánimo e pradiante!
>
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>   
>> Ola a todos!,
>>
>> A raíz deste correo por fin puxen as pilas e deille para adiante ao
>> asunto do LoCo Team.  Para recapitular: a idea sería ter toda a
>> infraestrutura para proporcionarlle soporte por parte da comunidade ao
>> Ubuntu en galego (incluiríamos aquí tamén o soporte comunitario para o
>> AraOS).  Desde o meu punto de vista o equipo de tradución pasaría tamén
>> a formar parte desta meta-estrutura.
>>
>> A pesar de que tal vez sexa moi axiña, solicitei que nos aprobasen como
>> "LoCo Team" oficial [1]. Hai que cumprir certos requisitos para que nos
>> acepten como tal:
>>
>>     * Encher unha solicitude [2]
>>     * Ter unha páxina web ou un wiki [3]
>>     * Ter unha lista de correo [4] (soliciteina, pero seguramente
>>       tardarán uns días)
>>     * Ter un foro [5] (tamén está solicitado [6], pero sen aprobar)
>>     * Ter unha canle IRC [7]
>>
>> Agradeceríavos que lle botásedes un ollo ás distintas wikis e que as
>> mellorásedes na medida do posible. Por suposto, calquera
>> idea/comentario/axuda será benvida!!
>>
>> Un saúdo.
>>     Felipe.
>>
>> [1] https://wiki.ubuntu.com/LoCoCouncilAgenda
>> [2] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam/ApprovalApplication
>> [3] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam
>> [4] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-gal
>> [5] http://gal.ubuntuforums.org
>> [6] http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=991200
>> [7] #ubuntu-gal en FreeNode
>>
>> Suso Baleato wrote:
>>     
>>> Boas a todos/as:
>>>
>>> Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
>>>
>>> - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
>>>   Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
>>>   incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
>>>   que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
>>>   xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
>>>   quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
>>>   ilo facendo.
>>>
>>> - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
>>>   galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
>>>   [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo 
>>>   de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de 
>>>   coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
>>>   de ser remasterizada [5] a semana pasada.
>>>
>>> - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
>>>   inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que 
>>>   incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
>>>   respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
>>>   faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
>>>   tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
>>>   xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
>>>   casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
>>>   administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
>>>   que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
>>>   presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
>>>   institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar 
>>>   na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
>>>   Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
>>>   así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo 
>>>
>>>   eventos (en) mancomun.org 
>>>
>>> - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
>>>   con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
>>>   redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
>>>   facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
>>>   en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat, 
>>>   Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que 
>>>   propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
>>>
>>> Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>> --
>>>
>>> [0] http://ftp.mancomun.org/
>>> [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
>>> [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
>>> [3] http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
>>> [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
>>> [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
>>>
>>>   
>>>       
>> -- 
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>     
>
>   





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list