[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Fri May 30 09:13:40 BST 2008


Ola, respondo ao final...

suso.baleato at xunta.es wrote:
> Deixei iste fío colgando...
>
> suso.baleato at xunta.es escrebeu:
>   
>> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>>     
>>> Ola,
>>>
>>> O ideal é que sigades o mesmo camiño que ata agora, é dicir, que lles
>>> fagades chegar as traducións revisadas aos desenvolvedores de cada
>>> aplicación. Se ao mesmo tempo as subides a Launchpad (ou se o preferides
>>> nolas pasades), aceleraremos a súa entrada en Ubuntu e en consecuencia
>>> na(s) personalización(s) que estades facendo.
>>>
>>>       
>> Pois como vexades. Plantexarei isto que comentas hoxe mesmo pola tarde
>> na reunión de coordenación do CRS (Mancomún) e xa miramos de definir o
>> mellor xeito de facelo.
>>
>>     
>
> Plantexei o tema tal como quedei, pero esquecín comentarvos que
> consideramos conveniente tratar iste asunto no evento g11n:
>
> http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
>
> Pero ao final non cadrou de tratar isto de forma concreta. Dende logo
> entendo que non debería haber problema en pasarvos as traducións e que
> as subades vós mesmos, sobre todo por que sempre vai ser máis rápido
> así.
>
>   
>>> E xa postos a propoñer... por aquí estivérase falando de crear un "LoCo
>>> Team" [1], pero temo que ninguén ten o tempo suficiente (por favor, se
>>> me equivoco corrixídeme!). ¿Estaríades dispostos a crear un? Podería ser
>>> directamente o espazo para o soporte do voso metapaquete.
>>>
>>>       
>> Eu creo que sería unha idea estupenda, pero non quero dizer nada sen saber 
>> a opinión do resto da xente do CRS. Plantexo isto pola tarde na reunión
>> de coordenación e xa vos comento.
>>
>>     
>
> Tampouco vos comuniquei as conclusións: básicamente, que a idea parece
> boa e que habería que ir para adiante; pero que a xulgar pola
> documentación, semella que detrás diso hai un traballo de bastante
> envergadura. Entón pola nosa parte estaríamos dispostos, pero teríamos
> que agardar a que se incorpore a persona que traballará como lingüísta
> en mancomún xa que nistes momentos, en especial a raíz do tema mozilla,
> estamos bastante cargados de traballo. Se vos parece ben, en canto se
> incorpore o/a lingüísta xa o poñemos ao tanto para que comeze a dar os
> pasos necesários, ou ben para que se incorpore á iniciativa de quen a
> tome.
>
> Saúdos,
>   

Eu podo facer as xestións para montar o "LoCo Team", pero vou ter pouco
tempo para aportar contidos. Se esa persoa pode colaborar na creación de
contidos xunto coa xente do grupo, xa temos a semente para arrincar. 
Habería que falar tamén de onde se vai hospedar a web, wiki, foros, etc.

Un saúdo!
    Felipe.





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list