[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Fri May 30 09:38:57 BST 2008


2008/5/30 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
> Ola, respondo ao final...
>
> suso.baleato at xunta.es wrote:
>> Deixei iste fío colgando...
>>
>> suso.baleato at xunta.es escrebeu:
>>
>>> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>>>
>>>> Ola,
>>>>
>>>> O ideal é que sigades o mesmo camiño que ata agora, é dicir, que lles
>>>> fagades chegar as traducións revisadas aos desenvolvedores de cada
>>>> aplicación. Se ao mesmo tempo as subides a Launchpad (ou se o preferides
>>>> nolas pasades), aceleraremos a súa entrada en Ubuntu e en consecuencia
>>>> na(s) personalización(s) que estades facendo.
>>>>
>>>>
>>> Pois como vexades. Plantexarei isto que comentas hoxe mesmo pola tarde
>>> na reunión de coordenación do CRS (Mancomún) e xa miramos de definir o
>>> mellor xeito de facelo.
>>>
>>>
>>
>> Plantexei o tema tal como quedei, pero esquecín comentarvos que
>> consideramos conveniente tratar iste asunto no evento g11n:
>>
>> http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
>>
>> Pero ao final non cadrou de tratar isto de forma concreta. Dende logo
>> entendo que non debería haber problema en pasarvos as traducións e que
>> as subades vós mesmos, sobre todo por que sempre vai ser máis rápido
>> así.
>>
>>
>>>> E xa postos a propoñer... por aquí estivérase falando de crear un "LoCo
>>>> Team" [1], pero temo que ninguén ten o tempo suficiente (por favor, se
>>>> me equivoco corrixídeme!). ¿Estaríades dispostos a crear un? Podería ser
>>>> directamente o espazo para o soporte do voso metapaquete.
>>>>
>>>>
>>> Eu creo que sería unha idea estupenda, pero non quero dizer nada sen saber
>>> a opinión do resto da xente do CRS. Plantexo isto pola tarde na reunión
>>> de coordenación e xa vos comento.
>>>
>>>
>>
>> Tampouco vos comuniquei as conclusións: básicamente, que a idea parece
>> boa e que habería que ir para adiante; pero que a xulgar pola
>> documentación, semella que detrás diso hai un traballo de bastante
>> envergadura. Entón pola nosa parte estaríamos dispostos, pero teríamos
>> que agardar a que se incorpore a persona que traballará como lingüísta
>> en mancomún xa que nistes momentos, en especial a raíz do tema mozilla,
>> estamos bastante cargados de traballo. Se vos parece ben, en canto se
>> incorpore o/a lingüísta xa o poñemos ao tanto para que comeze a dar os
>> pasos necesários, ou ben para que se incorpore á iniciativa de quen a
>> tome.
>>
>> Saúdos,
>>
>
> Eu podo facer as xestións para montar o "LoCo Team", pero vou ter pouco
> tempo para aportar contidos. Se esa persoa pode colaborar na creación de
> contidos xunto coa xente do grupo, xa temos a semente para arrincar.
> Habería que falar tamén de onde se vai hospedar a web, wiki, foros, etc.
>
> Un saúdo!
>    Felipe.
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


En trasno ou en mancomun, evidentemente.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list