[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
suso.baleato at xunta.es
suso.baleato at xunta.es
Thu May 29 20:10:31 BST 2008
Deixei iste fío colgando...
suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> > Ola,
> >
> > O ideal é que sigades o mesmo camiño que ata agora, é dicir, que lles
> > fagades chegar as traducións revisadas aos desenvolvedores de cada
> > aplicación. Se ao mesmo tempo as subides a Launchpad (ou se o preferides
> > nolas pasades), aceleraremos a súa entrada en Ubuntu e en consecuencia
> > na(s) personalización(s) que estades facendo.
> >
>
> Pois como vexades. Plantexarei isto que comentas hoxe mesmo pola tarde
> na reunión de coordenación do CRS (Mancomún) e xa miramos de definir o
> mellor xeito de facelo.
>
Plantexei o tema tal como quedei, pero esquecín comentarvos que
consideramos conveniente tratar iste asunto no evento g11n:
http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
Pero ao final non cadrou de tratar isto de forma concreta. Dende logo
entendo que non debería haber problema en pasarvos as traducións e que
as subades vós mesmos, sobre todo por que sempre vai ser máis rápido
así.
> > E xa postos a propoñer... por aquí estivérase falando de crear un "LoCo
> > Team" [1], pero temo que ninguén ten o tempo suficiente (por favor, se
> > me equivoco corrixídeme!). ¿Estaríades dispostos a crear un? Podería ser
> > directamente o espazo para o soporte do voso metapaquete.
> >
>
> Eu creo que sería unha idea estupenda, pero non quero dizer nada sen saber
> a opinión do resto da xente do CRS. Plantexo isto pola tarde na reunión
> de coordenación e xa vos comento.
>
Tampouco vos comuniquei as conclusións: básicamente, que a idea parece
boa e que habería que ir para adiante; pero que a xulgar pola
documentación, semella que detrás diso hai un traballo de bastante
envergadura. Entón pola nosa parte estaríamos dispostos, pero teríamos
que agardar a que se incorpore a persona que traballará como lingüísta
en mancomún xa que nistes momentos, en especial a raíz do tema mozilla,
estamos bastante cargados de traballo. Se vos parece ben, en canto se
incorpore o/a lingüísta xa o poñemos ao tanto para que comeze a dar os
pasos necesários, ou ben para que se incorpore á iniciativa de quen a
tome.
Saúdos,
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
> Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list