[Tradutores-Ubuntu] [Fwd: ANNOUNCE: Searching through PO files beta test]
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Thu May 15 15:52:35 BST 2008
Ola,
Reposto polo medio... pero para xa que imos falar sobre "pootle", para
os que non o coñezan, é unha ferramenta de tradución web ao estilo de
Rosetta pero totalmente libre. Se vos interesa probala os creadores
teñen unha versión instalada en http://pootle.locamotion.org. Aí
podedes colaborar na tradución da terminoloxía para o galego, ou de
Freemind. Estas traducións encádranse no proxecto Decathlon [1][2]
[1] http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/mainpage
[2]
http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/o-proxecto-decathlon-busca-voluntarios-dispostos-a-traducir-10-programas-nu.html
Leandro Regueiro wrote:
> On Thu, May 15, 2008 at 3:41 PM, Felipe Gil Castiñeira
> <felipexil at gmail.com> wrote:
>
>> Ola!
>>
>> Se estades dados de alta no grupo de "Beta Testers" de Launchpad supoño
>> que xa recibiríades este correo que reenvío, se non, sabede que dentro
>> de pouco se van poder buscar cadeas (iso sí, só dentro da páxina de
>> tradución de cada paquete). Isto é especialmente útil cando se detecta
>> un erro nalgunha tradución ao traballar co programa correspondente (non
>> sei se vos pasou, pero as veces que tentei buscar onde estaba algunha
>> cadea á que lle vía unha tradución incorrecta acabei baixando o ".po"
>> por desesperación).
>>
>
> Ata o de agora non había outra maneira. Teño Pootle acabado de
> instalar, pero non sei como conectarme a el. Con localhost non me vai,
> como é?
Pootle: Ademais de instalalo, télo que configurar: as instrucións están
en /usr/share/doc/pootle/README.Debian, pero basicamente consiste en
poñer en /etc/default/pootle que se inicie automaticamente, e logo ir a
http://localhost:8080/
> Ten o Pootle esta opción? Ten a opción de ver só cadeas que
> faltan por traducir?
Si ás dúas cousas (desde hai bastante tempo). A opción de ver sa cadeas
que faltan por traducir é "mostrar as función se edición-->traducir de
contado".
>
>> Por outro lado, esta fin de semana pasada foi a xornada de localización
>> de software ao galego "g11n" [1] que organizaron desde mancomún. Na
>> páxina do evento [1] están colgados os vídeos e as presentacións. As de
>> Xusto González Río e as de Juan Rafael Fernández foron realmente
>> interesantes. O segundo día houbo unha sesión de traballo á que non
>> puiden asistir, pero polas fotos vexo que si estivo Xosé: ¿pódesnos
>> contar se se tratou algún tema que poda ser interesante para todos nós?
>>
>
> Concordo ca túa idea sobre o importante das presentacións.
> Desgraciadamente ver o vídeo non é coma estar alí.
>
>
>> Se non o estades, tamén vos recomendo que vos deades de alta na lista de
>> correo de mancomún sobre localización de software ao galego [2], xa que
>> teño a impresión de que se está convertendo no punto de encontro dos
>> tradutores ao galego.
>>
>
> Iso parece. Agardamos que máis de vós veñades á próxima xuntanza...
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
De feito así poderíamonos coñecer en persoa. A verdade é que a xuntanza
de G11n foi moi proveitosa nese sentido (é moito máis agradable tratar
por correo con xente que xa coñeces en persoa).
Un saúdo.
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list