[Tradutores-Ubuntu] [Fwd: ANNOUNCE: Searching through PO files beta test]

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Thu May 15 15:33:18 BST 2008


On Thu, May 15, 2008 at 3:41 PM, Felipe Gil Castiñeira
<felipexil at gmail.com> wrote:
> Ola!
>
> Se estades dados de alta no grupo de "Beta Testers" de Launchpad supoño
> que xa recibiríades este correo que reenvío, se non, sabede que dentro
> de pouco se van poder buscar cadeas (iso sí, só dentro da páxina de
> tradución de cada paquete). Isto é especialmente útil cando se detecta
> un erro nalgunha tradución ao traballar co programa correspondente (non
> sei se vos pasou, pero as veces que tentei buscar onde estaba algunha
> cadea á que lle vía unha tradución incorrecta acabei baixando o ".po"
> por desesperación).

Ata o de agora non había outra maneira. Teño Pootle acabado de
instalar, pero non sei como conectarme a el. Con localhost non me vai,
como é? Ten o Pootle esta opción? Ten a opción de ver só cadeas que
faltan por traducir?

> Por outro lado, esta fin de semana pasada foi a xornada de localización
> de software ao galego "g11n" [1] que organizaron desde mancomún.  Na
> páxina do evento [1] están colgados os vídeos e as presentacións. As de
> Xusto González Río e as de Juan Rafael Fernández foron realmente
> interesantes. O segundo día houbo unha sesión de traballo á que non
> puiden asistir, pero polas fotos vexo que si estivo Xosé: ¿pódesnos
> contar se se tratou algún tema que poda ser interesante para todos nós?

Concordo ca túa idea sobre o importante das presentacións.
Desgraciadamente ver o vídeo non é coma estar alí.

> Se non o estades, tamén vos recomendo que vos deades de alta na lista de
> correo de mancomún sobre localización de software ao galego [2], xa que
> teño a impresión de que se está convertendo no punto de encontro dos
> tradutores ao galego.

Iso parece. Agardamos que máis de vós veñades á próxima xuntanza...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list