[Tradutores-Ubuntu] [Fwd: ANNOUNCE: Searching through PO files beta test]

damufo damufo at gmail.com
Thu May 15 16:02:31 BST 2008


Penso que hai que lazar o servidor desde consola non lembro agora o 
comando a min doume erro co import sre polo que vin penso que a conexión 
era localhost no porto 8080

Leandro Regueiro escribiu:
> On Thu, May 15, 2008 at 3:41 PM, Felipe Gil Castiñeira
> <felipexil at gmail.com> wrote:
>> Ola!
>>
>> Se estades dados de alta no grupo de "Beta Testers" de Launchpad supoño
>> que xa recibiríades este correo que reenvío, se non, sabede que dentro
>> de pouco se van poder buscar cadeas (iso sí, só dentro da páxina de
>> tradución de cada paquete). Isto é especialmente útil cando se detecta
>> un erro nalgunha tradución ao traballar co programa correspondente (non
>> sei se vos pasou, pero as veces que tentei buscar onde estaba algunha
>> cadea á que lle vía unha tradución incorrecta acabei baixando o ".po"
>> por desesperación).
> 
> Ata o de agora non había outra maneira. Teño Pootle acabado de
> instalar, pero non sei como conectarme a el. Con localhost non me vai,
> como é? Ten o Pootle esta opción? Ten a opción de ver só cadeas que
> faltan por traducir?
> 
>> Por outro lado, esta fin de semana pasada foi a xornada de localización
>> de software ao galego "g11n" [1] que organizaron desde mancomún.  Na
>> páxina do evento [1] están colgados os vídeos e as presentacións. As de
>> Xusto González Río e as de Juan Rafael Fernández foron realmente
>> interesantes. O segundo día houbo unha sesión de traballo á que non
>> puiden asistir, pero polas fotos vexo que si estivo Xosé: ¿pódesnos
>> contar se se tratou algún tema que poda ser interesante para todos nós?
> 
> Concordo ca túa idea sobre o importante das presentacións.
> Desgraciadamente ver o vídeo non é coma estar alí.
> 
>> Se non o estades, tamén vos recomendo que vos deades de alta na lista de
>> correo de mancomún sobre localización de software ao galego [2], xa que
>> teño a impresión de que se está convertendo no punto de encontro dos
>> tradutores ao galego.
> 
> Iso parece. Agardamos que máis de vós veñades á próxima xuntanza...
> 
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list