[Tradutores-Ubuntu] Grupo de Traduccion UBUNTU o galego

Adrián Chaves adriyetichaves at gmail.com
Wed Mar 12 20:05:07 GMT 2008


COmo estudante que son teño que dicir que por iso uso Launchpad
principalmente (aínda que sei traducir os .po). É o camiño sinxelo. E
tamén me gusta o aspecto de que en tempo real podan traducir máis dunha
persoa, mentres que doutro xeito ten que traducir cada un un .po por
separado.

O Mar, 11-03-2008 ás 09:26 +0100, damufo escribiu:
> Eu ando por aquí, de momento miña prioridade é joomla polo que mais que 
> nada o que neste momento podo ofrecer é no caso de dúbida algunha 
> opinión e pouco máis.
> 
> Con respecto a dinamizar a tradución penso que sería bo que a xente que 
> anda no mundo académico (universidade, institutos, escolas...) 
> colaborase mais. Penso que sería bo involucrar mais á mocidade aínda que 
> inicialmente as traducións non sexan de calidade 100%. Nestes anbientes 
> sería bo que se dese algún curso de como poder colaborar nas traducións, 
>   penso que moita xente non traduce porque simplemente non sabe. Poida 
> que ao mellor fose interesante facer algún cartel para pór en centros 
> educativos, e universidades indicando a quen queira como ten que facer 
> para comezar a traducir... (algún enderezo web, correo-e...)
> 
> É sorprendente ver como xente cando usa software libre e algo non está 
> traducido se queixa, sen saber que todo o demais esta traducido por 
> catro, eu penso que isto é sobre todo por ignorancia.
> 
> En fin desculpas pola parrafada.
> 
> 
> Marcos García escribiu:
> > Eu xa estou por desapuntarme, apenas pásome polo Launchpad e cada vez o menu
> > nivel de galego é máis pobre...
> > 
> > El día 10/03/08, Adrián Chaves <adriyetichaves at gmail.com> escribió:
> >> Eu igual. Nestes momentos fáltame tempo, pero cando pode, a botar unha
> >> man. Aínda que normalmente utilizo o Launchpad.
> >>
> >> O Lun, 10-03-2008 ás 18:37 +0100, Festor escribiu:
> >>
> >>> Eu non pertenzo o grupo de traductores pero cando teña tempo intentarei
> >>> axudar no que poida...
> >>>
> >>> Por certo a tua firma está en castelán...  O_o xD
> >>>
> >>> 2008/3/10, Martin Mendez Iglesias <martin.men at gmail.com>:
> >>>> Hola amigos.
> >>>> Hoxe todos recibimos o correo de Felipe Xil.
> >>>> Faltanos organizacion.
> >>>> O primeiro de todo e saber quenes de nos seguen a colaborar
> >> activamente no
> >>>> proxecto.
> >>>> O segundo seria encomendar tarefas a cada membro, para deste xeito
> >> teres
> >>>> un
> >>>> obxetivo e unha vez cumprido que se lle sexa asignado un novo e asi
> >>>> sucesivamente.
> >>>> O terceiro e intentar que as traduccions sexas o mais coherentes
> >> posibles,
> >>>> e
> >>>> en caso de dubida marcala revision para revisala.
> >>>> Na miña opinion asi as cousas irian mellor e sobre todo mais rapidas.
> >>>> Por favor mandade un correo a lista de traduccion para saber que
> >> membros
> >>>> seguen activos.
> >>>> Moitas grazas, atentamente Martin Mendez
> >>>>
> >>>> Pd.: Perdoade non ter posta ningunha tilde no texto, e que estou
> >> probando
> >>>> Hardy Heron e teño un pequeno problema con elas XD
> >>>>
> >>>> --
> >>>> "Sólo sé que me encantas y sólo te diré una cosa: nunca dejes de
> >> sonreir"
> >>>> --
> >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>
> >>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> > 
> > 
> > 
> 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list