[Tradutores-Ubuntu] Licenza BSD
suso.baleato at xunta.es
suso.baleato at xunta.es
Thu Jul 3 10:23:46 BST 2008
É a BSD orixinal ou a revisada?
Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Xosé wrote:
> > Ao achegar-me a Launchapd hoxe, vin que para continuar a traducir hai que dar
> > permiso para que as traducións sexan publicadas baixo a licenza BSD. Se non se
> > acepta, eliminaranse a finais de mes. Isto aparece cando se lle dá a un paquete
> > para traducir. Hai información adicional na páxina.
> >
> > Xosé
> >
> >
> Este asunto está dando bastante que falar na lista de correo de
> Launchpad [1] xa que pode ter implicacións máis fondas do parece ao
> principio. O feito de que as traducións se licencien como BSD implica
> que calquera empresa/entidade poda coller as cadeas e a súa tradución
> correspondente e utilizalas nunha aplicación pechada/privativa.
>
> Os motivos do uso da licenza BSD están explicados en [2]. Resumindo:
> indican que o motivo é facer máis doada a compartición de traducións de
> cadeas entre distintos proxectos.
>
> Aínda que estou convencido de que os de Canonical son sinceros na súa
> motivación (de feito coa licenza antiga xa se reservaban o dereito a
> usar as traducións), non me gusta moito a licenza BSD para as miñas
> aportacións como voluntario (como tradutor ou programador): non quero
> que algo que ofrezo á comunidade poda ser utilizado nunha aplicación
> pechada que non reverta de novo na sociedade.
>
> Desafortunadamente as opcións son ou todo ou nada: ou BSD ou non usar
> Launchpad... non creo que executen o borrado a finais de mes, porque vai
> haber moita xente que tendo feitas moitas traducións non se vai conectar
> a Launchpad antes da data límite.
>
> Vou seguir atento á discusión, a ver en que queda o asunto: se a licenza
> BSD é definitiva ou hai volta atrás.
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
>
> [1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/
> [2] https://help.launchpad.net/Translations/LicensingFAQ
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list