[Tradutores-Ubuntu] Licenza BSD

Mar Castro mariamarcp at gmail.com
Thu Jul 3 10:32:44 BST 2008


O texto nas FAQ de launchpad 
(https://help.launchpad.net/Translations/LicensingFAQ) di:
 
These translations are made available to Canonical and in turn to you 
under the BSD license (revised, without advertising clause)

Polo que é a revisada.
> É a BSD orixinal ou a revisada?
>
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>   
>> Xosé wrote:
>>     
>>> Ao achegar-me a Launchapd hoxe, vin que para continuar a traducir hai que dar 
>>> permiso para que as traducións sexan publicadas baixo a licenza BSD. Se non se 
>>> acepta, eliminaranse a finais de mes. Isto aparece cando se lle dá a un paquete 
>>> para traducir. Hai información adicional na páxina.
>>>
>>> Xosé
>>>
>>>   
>>>       
>> Este asunto está dando bastante que falar na lista de correo de
>> Launchpad [1] xa que pode ter implicacións máis fondas do parece ao
>> principio. O feito de que as traducións se licencien como BSD implica
>> que calquera empresa/entidade poda coller as cadeas e a súa tradución
>> correspondente e utilizalas nunha aplicación pechada/privativa.
>>
>> Os motivos do uso da licenza BSD están explicados en [2]. Resumindo:
>> indican que o motivo é facer máis doada a compartición de traducións de
>> cadeas entre distintos proxectos.
>>
>> Aínda que estou convencido de que os de Canonical son sinceros na súa
>> motivación (de feito coa licenza antiga xa se reservaban o dereito a
>> usar as traducións), non me gusta moito a licenza BSD para as miñas
>> aportacións como voluntario (como tradutor ou programador): non quero
>> que algo que ofrezo á comunidade poda ser utilizado nunha aplicación
>> pechada que non reverta de novo na sociedade.
>>
>> Desafortunadamente as opcións son ou todo ou nada: ou BSD ou non usar
>> Launchpad... non creo que executen o borrado a finais de mes, porque vai
>> haber moita xente que tendo feitas moitas traducións non se vai conectar
>> a Launchpad antes da data límite.
>>
>> Vou seguir atento á discusión, a ver en que queda o asunto: se a licenza
>> BSD é definitiva ou hai volta atrás.
>>
>> Un saúdo.
>>     Felipe.
>>
>>
>> [1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/
>> [2] https://help.launchpad.net/Translations/LicensingFAQ
>>
>>
>> -- 
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>     
>
>   



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list