[Tradutores-Ubuntu] Licenza BSD
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Thu Jul 3 00:02:18 BST 2008
Xosé wrote:
> Ao achegar-me a Launchapd hoxe, vin que para continuar a traducir hai que dar
> permiso para que as traducións sexan publicadas baixo a licenza BSD. Se non se
> acepta, eliminaranse a finais de mes. Isto aparece cando se lle dá a un paquete
> para traducir. Hai información adicional na páxina.
>
> Xosé
>
>
Este asunto está dando bastante que falar na lista de correo de
Launchpad [1] xa que pode ter implicacións máis fondas do parece ao
principio. O feito de que as traducións se licencien como BSD implica
que calquera empresa/entidade poda coller as cadeas e a súa tradución
correspondente e utilizalas nunha aplicación pechada/privativa.
Os motivos do uso da licenza BSD están explicados en [2]. Resumindo:
indican que o motivo é facer máis doada a compartición de traducións de
cadeas entre distintos proxectos.
Aínda que estou convencido de que os de Canonical son sinceros na súa
motivación (de feito coa licenza antiga xa se reservaban o dereito a
usar as traducións), non me gusta moito a licenza BSD para as miñas
aportacións como voluntario (como tradutor ou programador): non quero
que algo que ofrezo á comunidade poda ser utilizado nunha aplicación
pechada que non reverta de novo na sociedade.
Desafortunadamente as opcións son ou todo ou nada: ou BSD ou non usar
Launchpad... non creo que executen o borrado a finais de mes, porque vai
haber moita xente que tendo feitas moitas traducións non se vai conectar
a Launchpad antes da data límite.
Vou seguir atento á discusión, a ver en que queda o asunto: se a licenza
BSD é definitiva ou hai volta atrás.
Un saúdo.
Felipe.
[1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/
[2] https://help.launchpad.net/Translations/LicensingFAQ
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list