[Tradutores-Ubuntu] colas de importación en launchpad e tradución do Firefox 3

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Tue Apr 29 10:04:37 BST 2008


Frco. Javier Rial wrote:
> Ola:
>
> Recentemente enviamos á cola de importación parte da tradución do 
> Firefox 3 ao galego (baseado no traballo xa feito do Firefox 2).
>
> Estes arquivos quedaron na cola de importación (enviados por Manuel 
> Angel Varela) e agora vemos que o estado dos mesmos é "failed".
>
> Acabo de volver a subilos. Podedes velos aquí:
> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/firefox-3.0/+imports
> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/xulrunner-1.9/+imports
>
> Alguén pode explicar o funcionamento desta cola de importación, quen 
> aproba os ficheiros ou canto tempo tardan en estar dispoñible a tradución??
>
> Saúdos.
>
>   
Ola,

Os ficheiros acéptanse de forma automática (polo menos como usuarios de
Launchpad non temos acceso a ese procedemento). Ata onde sei entran
nunha cola na que tamén están os ".po" que o sistema vai tomando das
traducións "oficiais". Dependendo de como estea esa cola o proceso pode
tardar dende unhas horas ata uns días.

É posible que fallasen se había inconsistencias entre as cadeas
presentes en Launchpad e no ficheiro que subistes. Non sei o
procedemento que seguistes para usar as cadeas do firefox2 (así que
desculpas por adiantado se estou dicindo unha obviedade), pero tal vez o
mellor procedemento sexa baixar o ".po" de Launchpad e utilizar
"pomigrate2" [1] para realizar a actualización.

Un saúdo.
    Felipe.

[1] http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/pomigrate2



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list