[Tradutores-Ubuntu] colas de importación en launchpad e tradución do Firefox 3

Frco. Javier Rial fjrial at cesga.es
Tue Apr 29 09:43:35 BST 2008


Ola:

Recentemente enviamos á cola de importación parte da tradución do 
Firefox 3 ao galego (baseado no traballo xa feito do Firefox 2).

Estes arquivos quedaron na cola de importación (enviados por Manuel 
Angel Varela) e agora vemos que o estado dos mesmos é "failed".

Acabo de volver a subilos. Podedes velos aquí:
https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/firefox-3.0/+imports
https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/xulrunner-1.9/+imports

Alguén pode explicar o funcionamento desta cola de importación, quen 
aproba os ficheiros ou canto tempo tardan en estar dispoñible a tradución??

Saúdos.

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun at mancomun.org




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list