[Tradutores-Ubuntu] colas de importación en launchpad e tradución do Firefox 3

Frco. Javier Rial fjrial at cesga.es
Tue Apr 29 10:16:55 BST 2008


O procedemento foi baixar os PO de launchpad e a través do Kbabel 
integrar a tradución xa existente dos PO do Firefox 2 polo que "non 
debería" haber ningún tipo de inconsistencia..

Esperaremos uns dias a ver ;)

Graciñas e un saúdo

Javier Rial

Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Frco. Javier Rial wrote:
>   
>> Ola:
>>
>> Recentemente enviamos á cola de importación parte da tradución do 
>> Firefox 3 ao galego (baseado no traballo xa feito do Firefox 2).
>>
>> Estes arquivos quedaron na cola de importación (enviados por Manuel 
>> Angel Varela) e agora vemos que o estado dos mesmos é "failed".
>>
>> Acabo de volver a subilos. Podedes velos aquí:
>> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/firefox-3.0/+imports
>> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+source/xulrunner-1.9/+imports
>>
>> Alguén pode explicar o funcionamento desta cola de importación, quen 
>> aproba os ficheiros ou canto tempo tardan en estar dispoñible a tradución??
>>
>> Saúdos.
>>
>>   
>>     
> Ola,
>
> Os ficheiros acéptanse de forma automática (polo menos como usuarios de
> Launchpad non temos acceso a ese procedemento). Ata onde sei entran
> nunha cola na que tamén están os ".po" que o sistema vai tomando das
> traducións "oficiais". Dependendo de como estea esa cola o proceso pode
> tardar dende unhas horas ata uns días.
>
> É posible que fallasen se había inconsistencias entre as cadeas
> presentes en Launchpad e no ficheiro que subistes. Non sei o
> procedemento que seguistes para usar as cadeas do firefox2 (así que
> desculpas por adiantado se estou dicindo unha obviedade), pero tal vez o
> mellor procedemento sexa baixar o ".po" de Launchpad e utilizar
> "pomigrate2" [1] para realizar a actualización.
>
> Un saúdo.
>     Felipe.
>
> [1] http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/pomigrate2
>
>   


-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun at mancomun.org




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list