[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
Manuel Xosé Lemos
mxlemos at gmail.com
Sat Apr 26 23:08:06 BST 2008
Parécenme moi ben todas estas propostas, haber se desta conseguimos ter
un escritorio libre en galego completiño e haber se dende a Xunta se
aposta decididamente e dunha vez polo software libre (cando digo a Xunta
digo en conxunto porque aínda que Innovación e Industria está a facer un
esforzo considerable outras consellerías da a impresión de que pasan
bastante do tema). Estou canso de ver como se seguen a instalar equipos
con software privativo en moitas dependencias de diferentes consellerías
onde ese software é perfectamente substituíble por software libre.
O de Mark Shuttleworth paréceme un tema interesante. Onte mesmo o
Ministerio de Industria do goberno español firmou un acordo* /"cuyo
objetivo es colaborar en el desarrollo de la Sociedad de la Información
y del Conocimiento en nuestro país, en el marco del Plan Avanza"/ (e
despois falan de "neutralidade", imos apañados). Penso que xa está ben
de que sempre sexa o mesmo o que aparece nas fotos cos políticos, espero
que dende Galiza poñamos o contrapunto a esa foto.
* Fonte:
http://www.elpais.com/articulo/internet/Steve/Ballmer/solo/teme/Google/Apple/codigo/abierto/elpeputec/20080425elpepunet_9/Tes
P.D.: non vos perdades a foto do ministro cos outros tres, non sei dicir
de que me da máis ganas, se de rir ou de chorar.
> Boas,
>
> Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> correxídeme se me equivoco:
>
> - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> apoiaríamolo.
>
> - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> maiores do que se meta polo launchpad.
>
> - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
>
> - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> ser portado para outras distros...
>
> Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> sinatura ou o que conveña.
>
> En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> positivo para todos/as.
>
> Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> contento con todo isto.
>
> Saúdos,
>
¿Qué é iso de "customizacións"?
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list