[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Sun Apr 27 02:05:35 BST 2008


Manuel Xosé Lemos escrebeu:
> 
> 
> * Fonte: 
> http://www.elpais.com/articulo/internet/Steve/Ballmer/solo/teme/Google/Apple/codigo/abierto/elpeputec/20080425elpepunet_9/Tes
> 

Pois qué queres que che diga. Non vou ser eu quen che vaia levar a
contraria ao que dis por que simplemente tes razón. Iso sí, un que se
empeña en verlle cousas positivas a todo, fíxate no titular:

"Steve Ballmer sólo teme a Google, a Apple y al código abierto"
                                               ^^^^^^^^^^^^^^^^

Queres que che diga que me encanta oir iso? Encántame!! :-)

Polo demais que contas, pois mira. Acabo de borrar como vinte liñas de
correo nas que me desafogaba e a base de ben contra os desa foto a conta
desta outra:

http://www.codigocero.com/spip.php?article4120

E qué queres que che diga? Que son os mesmos? Pois eu o único que podo
decir é que ese tipo de cousas son un verdadeira vergonza e que me ferve
o sangue só de pensalo. Pero iso non me serviría de nada. Eu o que fago
é centrarme en defender o software libre, promover o seu coñecemento e o
seu uso, tratar de que os recursos que poidamos conseguir a través de
Mancomún poidan ser utilizados pola comunidade e estou convencido de
que poder ter un linux en galego é unha cousa que debemos conseguir pase
o que pase. Se me fixo nesas cousas perdo tempo que preciso para facer o
moitísimo traballo que temos por diante. 


> ¿Qué é iso de "customizacións"?
> 

Desculpa, ahí collín unha verba do inglés; significa personalización; ou
sexa meterlle unhos logos, unhas iconas, escoller uns programas
determinados... iso. Poñelo a gusto de un.


-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list