[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
suso.baleato at xunta.es
suso.baleato at xunta.es
Sat Apr 26 22:20:06 BST 2008
Boas,
Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
correxídeme se me equivoco:
- A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
apoiaríamolo.
- Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
maiores do que se meta polo launchpad.
- O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
- Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
ser portado para outras distros...
Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
sinatura ou o que conveña.
En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
positivo para todos/as.
Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
contento con todo isto.
Saúdos,
damufo escrebeu:
> Respondo abaixo
>
> >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> >>>
> >>> [..cortado..]
> >>>
> >>>
> >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o vedes.
> >>>> Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark e miramos de
> >>>> asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer o carro diante
> >>>> dos bois. De nada serviría que a Consellería de Innovación e Industria
> >>>> asinara algo con Canonical a través do Centro de Referencia e Servizos
> >>>> de Software Libre... se despois a comunidade galega de Ubuntu estivera en
> >>>> contra non? Ese tipo de situacións danse demasiado a miúdo no mundo do
> >>>> software libre, e penso que temos que intentar evitar os conflictos, e
> >>>> sempre camiñar xuntos cara obxectivos comúns.
> >>>>
> >>> Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa
> >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> >>>
> > damufo escrebeu:
> >> Unha opinión mais.
> >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es no
> >> canto dunha distribución especifica.
> >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> >> Saúdos
>
> suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > posibilidade debe contemplarse.
> >
> > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar traballando
> > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para todas
> > as distros ao mesmo tempo.
> >
> > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras distros,
> > pois sen problema claro.
> >
> > Saúdos,
>
>
>
> A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> Saúdos
>
>
>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list