[Tradutores-Ubuntu] Varios
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Thu Apr 24 19:30:35 BST 2008
Umm... creo que aquí non nos entendemos ben: co de conflito referíame a
problemas coas cadeas e co formato dos ficheiros de Launchpad e os que
me pasou Fran Diéguez (non cos tradutores).
Por outro lado, se hai problemas para que no "upstream" incorporen a
tradución ao galego do firefox, polo menos a posibilidade de podela
meter directamente en Ubuntu é unha boa nova.
Saúdos.
Felipe.
suso.baleato at xunta.es wrote:
> Boas,
>
> Por se sirve de algo, até onde eu chego no caso do Firefox o problema
> non é quen coordena ou quen fai as traducións que xa hai xente, senón
> conseguir a coordenación 'oficial' da tradución ao galego. E o problema
> para conseguir a coordenación 'oficial' é que a xente de Mozilla tarda
> como dous anos en respostar aos correos.
>
> O caso é que no Firefox 3 o sistema de localización cambiou radicalmente
> e a cousa está complicandose para que poidamos tela en galego.
>
> Hai máis xente na lista que sabe máis ca min desto.
>
> Saúdos,
>
>
>
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>
>> Ola Xosé,
>>
>> Respondo polo medio...
>>
>> Ubuntu wrote:
>>
>>> 1) Na páxina https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators está mal a
>>> ligazón a galego21: agora é http://www.galego21.net
>>>
>>> Entre os dicionarios pódese engadir o novo de IrIndo: http://digalego.com
>>>
>>>
>> Feito. ¿Este galego21.net é o mesmo que o galego21.org? (recordo ter
>> lido hai xa tempo algo sobre algunha escisión, conflito...)
>>
>>
>>> 2) Recentemente incorporouse Firefox para traducir. Na miña opinión non
>>> deberiamos dividir esforzos e, neste caso, eu diría de promover a tradución
>>> através de mancomun.org.
>>>
>>> Xosé
>>>
>>>
>> Fran Diéguez (do GLUG) está revisando a tradución que se fixo do Firefox
>> 3 en xuventudegaliza.net, e quedou en pasarmos en canto a teña rematado
>> (para acelerar a entrada da tradución de firefox 3 en Ubuntu).
>>
>> Mandoume o que leva feito ata agora, e pode haber un problema para
>> subilo a Launchpad: nós temos un só ".po", e el está traballando con
>> toda unha estrutura de directorios e un grupo de ficheiros. Non tiven
>> tempo de ver se as cadeas son as mesmas e chega con concatenar os
>> ficheiros de Fran, ou pode haber algún tipo de conflito.
>>
>> Saúdos.
>> Felipe.
>>
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list