[Tradutores-Ubuntu] Varios

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu Apr 24 12:19:26 BST 2008


Boas,

Por se sirve de algo, até onde eu chego no caso do Firefox o problema 
non é quen coordena ou quen fai as traducións que xa hai xente, senón
conseguir a coordenación 'oficial' da tradución ao galego. E o problema
para conseguir a coordenación 'oficial' é que a xente de Mozilla tarda
como dous anos en respostar aos correos.

O caso é que no Firefox 3 o sistema de localización cambiou radicalmente
e a cousa está complicandose para que poidamos tela en galego.

Hai máis xente na lista que sabe máis ca min desto.

Saúdos,



Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Ola Xosé,
> 
> Respondo polo medio...
> 
> Ubuntu wrote:
> > 1) Na páxina https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators está mal a
> > ligazón a galego21: agora é http://www.galego21.net
> >
> > Entre os dicionarios pódese engadir o novo de IrIndo: http://digalego.com
> >   
> Feito. ¿Este galego21.net é o mesmo que o galego21.org? (recordo ter
> lido hai xa tempo algo sobre algunha escisión, conflito...)
> 
> > 2) Recentemente incorporouse Firefox para traducir. Na miña opinión non
> > deberiamos dividir esforzos e, neste caso, eu diría de promover a tradución
> > através de mancomun.org.
> >
> > Xosé
> >   
> 
> Fran Diéguez (do GLUG) está revisando a tradución que se fixo do Firefox
> 3 en xuventudegaliza.net, e quedou en pasarmos en canto a teña rematado
> (para acelerar a entrada da tradución de firefox 3 en Ubuntu).
> 
> Mandoume o que leva feito ata agora, e pode haber un problema para
> subilo a Launchpad: nós temos un só ".po", e el está traballando con
> toda unha estrutura de directorios e un grupo de ficheiros.  Non tiven
> tempo de ver se as cadeas son as mesmas e chega con concatenar os
> ficheiros de Fran, ou pode haber algún tipo de conflito.
> 
> Saúdos.
>     Felipe.
> 
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list