[Tradutores-Ubuntu] Varios

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu Apr 24 20:11:58 BST 2008


Pois a verdade é que sí. Menos mal! :-)

Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Umm... creo que aquí non nos entendemos ben: co de conflito referíame a
> problemas coas cadeas e co formato dos ficheiros de Launchpad e os que
> me pasou Fran Diéguez (non cos tradutores).
> 
> Por outro lado, se hai problemas para que no "upstream" incorporen a
> tradución ao galego do firefox, polo menos a posibilidade de podela
> meter directamente en Ubuntu é unha boa nova.
> 
> Saúdos.
>     Felipe.
> 
> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > Boas,
> >
> > Por se sirve de algo, até onde eu chego no caso do Firefox o problema 
> > non é quen coordena ou quen fai as traducións que xa hai xente, senón
> > conseguir a coordenación 'oficial' da tradución ao galego. E o problema
> > para conseguir a coordenación 'oficial' é que a xente de Mozilla tarda
> > como dous anos en respostar aos correos.
> >
> > O caso é que no Firefox 3 o sistema de localización cambiou radicalmente
> > e a cousa está complicandose para que poidamos tela en galego.
> >
> > Hai máis xente na lista que sabe máis ca min desto.
> >
> > Saúdos,
> >
> >
> >
> > Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> >   
> >> Ola Xosé,
> >>
> >> Respondo polo medio...
> >>
> >> Ubuntu wrote:
> >>     
> >>> 1) Na páxina https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators está mal a
> >>> ligazón a galego21: agora é http://www.galego21.net
> >>>
> >>> Entre os dicionarios pódese engadir o novo de IrIndo: http://digalego.com
> >>>   
> >>>       
> >> Feito. ¿Este galego21.net é o mesmo que o galego21.org? (recordo ter
> >> lido hai xa tempo algo sobre algunha escisión, conflito...)
> >>
> >>     
> >>> 2) Recentemente incorporouse Firefox para traducir. Na miña opinión non
> >>> deberiamos dividir esforzos e, neste caso, eu diría de promover a tradución
> >>> através de mancomun.org.
> >>>
> >>> Xosé
> >>>   
> >>>       
> >> Fran Diéguez (do GLUG) está revisando a tradución que se fixo do Firefox
> >> 3 en xuventudegaliza.net, e quedou en pasarmos en canto a teña rematado
> >> (para acelerar a entrada da tradución de firefox 3 en Ubuntu).
> >>
> >> Mandoume o que leva feito ata agora, e pode haber un problema para
> >> subilo a Launchpad: nós temos un só ".po", e el está traballando con
> >> toda unha estrutura de directorios e un grupo de ficheiros.  Non tiven
> >> tempo de ver se as cadeas son as mesmas e chega con concatenar os
> >> ficheiros de Fran, ou pode haber algún tipo de conflito.
> >>
> >> Saúdos.
> >>     Felipe.
> >>
> >>
> >>
> >> -- 
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>     
> >
> >   
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list