[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
damufo
damufo at gmail.com
Fri Apr 18 10:21:34 BST 2008
Unha opinión mais.
En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es no
canto dunha distribución especifica.
Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
Saúdos
Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> suso.baleato at xunta.es wrote:
>
> [..cortado..]
>
>
>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o vedes.
>> Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark e miramos de
>> asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer o carro diante
>> dos bois. De nada serviría que a Consellería de Innovación e Industria
>> asinara algo con Canonical a través do Centro de Referencia e Servizos
>> de Software Libre... se despois a comunidade galega de Ubuntu estivera en
>> contra non? Ese tipo de situacións danse demasiado a miúdo no mundo do
>> software libre, e penso que temos que intentar evitar os conflictos, e
>> sempre camiñar xuntos cara obxectivos comúns.
>>
>
> Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa
> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list