[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Apr 17 20:03:51 BST 2008


suso.baleato at xunta.es wrote:

[..cortado..]


> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o vedes.
> Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark e miramos de
> asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer o carro diante
> dos bois. De nada serviría que a Consellería de Innovación e Industria
> asinara algo con Canonical a través do Centro de Referencia e Servizos
> de Software Libre... se despois a comunidade galega de Ubuntu estivera en
> contra non? Ese tipo de situacións danse demasiado a miúdo no mundo do
> software libre, e penso que temos que intentar evitar os conflictos, e
> sempre camiñar xuntos cara obxectivos comúns.
>   

Non é por facer a rosca,  pero estou contento con que teñades esa
actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list