[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu Apr 17 19:43:06 BST 2008


Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Respóndoche polo medio...
> 
> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > Felipe:
> >
> > A idea é sincronizarnos co ritmo de desenvolvemento de Ubuntu, xuntando
> > esforzos para que tan pronto saia a versión x.4/10 esa versión xa leve
> > incorporadas as traducións homologábeis das que dispoñamos.
> >
> > Entendo que iso sería o correcto non?
> >   
> 
> Para min si que o é...
> 

Eu tamén creo que eso debería ser o correcto. Pero se hai alguén que non
o ve así ou incluso pensa que habería xeitos de melloralo sería importante
que o comente; a fin de contas ese é o valor de facer as cousas
colaborativamente e traballando en rede.

> > En canto á personalización, non se trataría de facer unha nova
> > distribución (penso que iso sería un erro) senón que a idea sería
> > 'empaquetar' as nosas personalizacións en forma de metapaquetes .deb que
> > estarían dispoñíbeis no repositorio apt de mancomún. Deste xeito, só
> > habería que instalar unha ubuntu normal, engadir o repositorio de mancomún
> > e actualizar. E ademais este sistema permitiría que puideramos ter
> > distintos metapaquetes con distintas personalizacións, cada unha
> > adaptada ás necesidades do sector correspondente pero todas elas
> > compatíbeis coa última versión de Ubuntu.
> >   
> 
> Paréceme boa idea, a época de ter cada un unha distribución xa pasou.
> ¿Pensastes en contactar con Mark Shuttleworth? É posible que lle
> interesa asinar algún tipo de convenio e incorporar os metapaquetes no
> repositorio oficial (claro está, sempre que vos interese a vós).

Sí, iso é algo que xa estivo enriba da mesa, e non habería ningún
problema en contactar con il e chegar asinar un convenio nise sentido; o
que sucede é que consideramos que igual contactar directamente con il
sen contar primeiro co voso apoio poderíades interpretalo (e con razón)
como unha falta de respeto.

Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o vedes.
Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark e miramos de
asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer o carro diante
dos bois. De nada serviría que a Consellería de Innovación e Industria
asinara algo con Canonical a través do Centro de Referencia e Servizos
de Software Libre... se despois a comunidade galega de Ubuntu estivera en
contra non? Ese tipo de situacións danse demasiado a miúdo no mundo do
software libre, e penso que temos que intentar evitar os conflictos, e
sempre camiñar xuntos cara obxectivos comúns.

> > A estratexia que estamos plantexando é esa, pero claro: eso só tería
> > sentido se vós tamén o vedes así e se atopamos o xeito de sincronizar os
> > nosos esforzos.
> >
> > Dende logo por min que non quede.
> >   
> 
> Por min tampouco :-)
> 
> Un saúdo!
>     Felipe.
> 
> > Saúdos,
> >
> > Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> >   
> >> Ola Suso,
> >>
> >> Non coordinarnos non tería ningún sentido: pola miña parte contaredes
> >> con toda a colaboración posible.
> >>
> >> Só por curiosidade: ¿Ides crear unha Ubuntu-Live personalizada, ou vai
> >> máis aló? ¿ídela manter sincronizada coas versións que vaian saíndo de
> >> Ubuntu?.  De ser así supoño que a vosa intención é que vaimos integrando
> >> na versión "upstream" de Ubuntu as traducións/correccións que vaiades
> >> facendo ¿estou no correcto?.
> >>
> >> Un saúdo.
> >>     Felipe.
> >>
> >> P.S.: Conto con poder ir á xuntanza sobre localización ao galego que
> >> está organizando Suso para o día 10 de maio, ¿vai ir alguén máis do grupo?
> >>
> >>
> >> suso.baleato at xunta.es wrote:
> >>     
> >>> Boas,
> >>>
> >>> Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
> >>> Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
> >>> vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
> >>> multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:
> >>>
> >>> http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html
> >>>
> >>> Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
> >>> plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
> >>> previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
> >>> fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
> >>> todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
> >>> esforzos.
> >>>
> >>> Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
> >>> merece a proposta de coordenar esforzos.
> >>>
> >>> Saúdos
> >>>       
> >>
> >>
> >>
> >> -- 
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>     
> >
> >   
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list