[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Apr 17 19:18:40 BST 2008


Respóndoche polo medio...

suso.baleato at xunta.es wrote:
> Felipe:
>
> A idea é sincronizarnos co ritmo de desenvolvemento de Ubuntu, xuntando
> esforzos para que tan pronto saia a versión x.4/10 esa versión xa leve
> incorporadas as traducións homologábeis das que dispoñamos.
>
> Entendo que iso sería o correcto non?
>   

Para min si que o é...

> En canto á personalización, non se trataría de facer unha nova
> distribución (penso que iso sería un erro) senón que a idea sería
> 'empaquetar' as nosas personalizacións en forma de metapaquetes .deb que
> estarían dispoñíbeis no repositorio apt de mancomún. Deste xeito, só
> habería que instalar unha ubuntu normal, engadir o repositorio de mancomún
> e actualizar. E ademais este sistema permitiría que puideramos ter
> distintos metapaquetes con distintas personalizacións, cada unha
> adaptada ás necesidades do sector correspondente pero todas elas
> compatíbeis coa última versión de Ubuntu.
>   

Paréceme boa idea, a época de ter cada un unha distribución xa pasou.
¿Pensastes en contactar con Mark Shuttleworth? É posible que lle
interesa asinar algún tipo de convenio e incorporar os metapaquetes no
repositorio oficial (claro está, sempre que vos interese a vós).
> A estratexia que estamos plantexando é esa, pero claro: eso só tería
> sentido se vós tamén o vedes así e se atopamos o xeito de sincronizar os
> nosos esforzos.
>
> Dende logo por min que non quede.
>   

Por min tampouco :-)

Un saúdo!
    Felipe.

> Saúdos,
>
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>   
>> Ola Suso,
>>
>> Non coordinarnos non tería ningún sentido: pola miña parte contaredes
>> con toda a colaboración posible.
>>
>> Só por curiosidade: ¿Ides crear unha Ubuntu-Live personalizada, ou vai
>> máis aló? ¿ídela manter sincronizada coas versións que vaian saíndo de
>> Ubuntu?.  De ser así supoño que a vosa intención é que vaimos integrando
>> na versión "upstream" de Ubuntu as traducións/correccións que vaiades
>> facendo ¿estou no correcto?.
>>
>> Un saúdo.
>>     Felipe.
>>
>> P.S.: Conto con poder ir á xuntanza sobre localización ao galego que
>> está organizando Suso para o día 10 de maio, ¿vai ir alguén máis do grupo?
>>
>>
>> suso.baleato at xunta.es wrote:
>>     
>>> Boas,
>>>
>>> Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
>>> Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
>>> vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
>>> multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:
>>>
>>> http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html
>>>
>>> Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
>>> plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
>>> previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
>>> fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
>>> todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
>>> esforzos.
>>>
>>> Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
>>> merece a proposta de coordenar esforzos.
>>>
>>> Saúdos
>>>       
>>
>>
>>
>> -- 
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>     
>
>   




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list