[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
suso.baleato at xunta.es
suso.baleato at xunta.es
Thu Apr 17 18:47:54 BST 2008
Felipe:
A idea é sincronizarnos co ritmo de desenvolvemento de Ubuntu, xuntando
esforzos para que tan pronto saia a versión x.4/10 esa versión xa leve
incorporadas as traducións homologábeis das que dispoñamos.
Entendo que iso sería o correcto non?
En canto á personalización, non se trataría de facer unha nova
distribución (penso que iso sería un erro) senón que a idea sería
'empaquetar' as nosas personalizacións en forma de metapaquetes .deb que
estarían dispoñíbeis no repositorio apt de mancomún. Deste xeito, só
habería que instalar unha ubuntu normal, engadir o repositorio de mancomún
e actualizar. E ademais este sistema permitiría que puideramos ter
distintos metapaquetes con distintas personalizacións, cada unha
adaptada ás necesidades do sector correspondente pero todas elas
compatíbeis coa última versión de Ubuntu.
A estratexia que estamos plantexando é esa, pero claro: eso só tería
sentido se vós tamén o vedes así e se atopamos o xeito de sincronizar os
nosos esforzos.
Dende logo por min que non quede.
Saúdos,
Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Ola Suso,
>
> Non coordinarnos non tería ningún sentido: pola miña parte contaredes
> con toda a colaboración posible.
>
> Só por curiosidade: ¿Ides crear unha Ubuntu-Live personalizada, ou vai
> máis aló? ¿ídela manter sincronizada coas versións que vaian saíndo de
> Ubuntu?. De ser así supoño que a vosa intención é que vaimos integrando
> na versión "upstream" de Ubuntu as traducións/correccións que vaiades
> facendo ¿estou no correcto?.
>
> Un saúdo.
> Felipe.
>
> P.S.: Conto con poder ir á xuntanza sobre localización ao galego que
> está organizando Suso para o día 10 de maio, ¿vai ir alguén máis do grupo?
>
>
> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > Boas,
> >
> > Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
> > Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
> > vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
> > multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:
> >
> > http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html
> >
> > Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
> > plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
> > previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
> > fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
> > todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
> > esforzos.
> >
> > Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
> > merece a proposta de coordenar esforzos.
> >
> > Saúdos
>
>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list