[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Apr 17 17:48:00 BST 2008


Ola Suso,

Non coordinarnos non tería ningún sentido: pola miña parte contaredes
con toda a colaboración posible.

Só por curiosidade: ¿Ides crear unha Ubuntu-Live personalizada, ou vai
máis aló? ¿ídela manter sincronizada coas versións que vaian saíndo de
Ubuntu?.  De ser así supoño que a vosa intención é que vaimos integrando
na versión "upstream" de Ubuntu as traducións/correccións que vaiades
facendo ¿estou no correcto?.

Un saúdo.
    Felipe.

P.S.: Conto con poder ir á xuntanza sobre localización ao galego que
está organizando Suso para o día 10 de maio, ¿vai ir alguén máis do grupo?


suso.baleato at xunta.es wrote:
> Boas,
>
> Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
> Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
> vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
> multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:
>
> http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html
>
> Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
> plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
> previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
> fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
> todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
> esforzos.
>
> Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
> merece a proposta de coordenar esforzos.
>
> Saúdos







More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list