[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu Apr 17 16:42:05 BST 2008


Boas,

Son Suso, estou coordenando o Centro de Referencia e Servizos de
Software Libre de Galiza e apúntome nesta lista por que como algúns de
vós saberedes, en Mancomún estamos a traballar nun escritório ofimático
multimédia en galego e tomamos a decisión de facelo empregando Ubuntu:

http://listas.mancomun.org/pipermail/guls/2008-March/000616.html

Penso que unha vez tomada esa decisión, e unha vez que non se
plantexaron obxeccións, non podiamos continuar a dar pasos sen contactar
previamente coa comunidade de g11n de Ubuntu. Supoño que sería posibel
fazer un fork da version canónica e tirar para adiante; pero entendo que
todos/as estaremos dacordo en que o máis óptimo sería lograr xuntar
esforzos.

Pois mais nada polo momento. Gustaríame saber, iso sí, qué opinión vos
merece a proposta de coordenar esforzos.

Saúdos

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list