[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego
suso.baleato at xunta.es
suso.baleato at xunta.es
Fri Apr 18 15:10:47 BST 2008
Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
posibilidade debe contemplarse.
É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar traballando
na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para todas
as distros ao mesmo tempo.
E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras distros,
pois sen problema claro.
Saúdos,
damufo escrebeu:
> Unha opinión mais.
> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es no
> canto dunha distribución especifica.
> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> Saúdos
>
>
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > suso.baleato at xunta.es wrote:
> >
> > [..cortado..]
> >
> >
> >> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o vedes.
> >> Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark e miramos de
> >> asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer o carro diante
> >> dos bois. De nada serviría que a Consellería de Innovación e Industria
> >> asinara algo con Canonical a través do Centro de Referencia e Servizos
> >> de Software Libre... se despois a comunidade galega de Ubuntu estivera en
> >> contra non? Ese tipo de situacións danse demasiado a miúdo no mundo do
> >> software libre, e penso que temos que intentar evitar os conflictos, e
> >> sempre camiñar xuntos cara obxectivos comúns.
> >>
> >
> > Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa
> > actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list