[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
Iván Seoane
talivan.ivan at gmail.com
Fri Sep 14 17:34:31 BST 2007
Eu penso que é raro que alguén siga ó cento por cen a normativa
«oficial» simplesmente por que esta (na miña opinion) é unha merda e
está ateigada de castelanismos. Eu tendo ó reintegracionismo ainda que
traducindo tento seguir (máis ou menos) a que se usa por aqui.
Respeito á normativa en que hai que traducir, pois na que quixer cada
un. Coido que ninguén ten a verdade absoluta. Se cadra si que habia
estar ben que houber uniformidade, mais mentres non estea todo
traducido há haber que se adicar a traducir e despois xa se há ver que
facermos.
Canto á xente que di que non entende algunhas expresons... pois é
normal, ninguén coñece todalas expresons que existen, sobre todo se
non estás afeito ó galego nestes campos.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list