[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Félix Horro Pita fhorro at corunet.com
Fri Sep 14 17:18:33 BST 2007


Por favor, non pidas perdón por dar a túa opinión.

Estas discusións de cando en vez están ben, sempre que se respecten
todas as opinións (como ata o de agora).

Apertas!


Alejandro wrote:
> uuuóooo!
> Perdón, só taba dando a miña opinión; non quería montar follón nin nada.
> Perdoade, de verdade que non pretendía meterme con ninguén, claro que fai 
> falta seguir unha norma, o que pretendía dicir e que non fai falla seguila o 
> 100%, que sempre se pode recurrir a outros camiños, ou neste caso a outras 
> palabras máis "entendibles" polo usuario.
> 
> Un Saúdo a todos!
> ----- Original Message ----- 
> From: "Félix Horro Pita" <fhorro at corunet.com>
> To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" 
> <ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
> Sent: Friday, September 14, 2007 4:38 PM
> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
> 
> 
> Pero a ver... a que galego nos adaptamos? Ao da Costa da Morte? Ao da
> Terra Cha? Ou a outro?
> 
> Pois iso xa o pensaron uns estudosos da lingua, que se xuntaron un día
> nun sitio chamado Real Academia da Lingua Galega (que lle chaman RAG
> para acurtar) e decidiron que as administracións públicas deberían
> adaptarse a un que lle deron en chamar "normativo".
> 
> Se ninguén está de acordo coa norma, será porque esta tenta recoller
> cousas de todos os dialectos, polo que non respecta ningún ao cen por cen.
> 
> Por ahí comentaron que o castelán é máis "uniforme". Isto é porque uns
> estudosos da lingua castelán (haiche estudosos en todos os sitios!)
> colleron un día o castelán de Castela e dixeron "ao carallo, xa temos
> normativa" hai ben de anos.
> 
> E aos arxentinos e colombianos e peruanos, e incluso andaluces ou
> galegos parécelles estupendo, seguro. E seguro que o respectan, tamén.
> Seguro.
> 
> 
> Sinceramente, prefiro o caso do galego. E os tradutores por suposto que
> temos que empregar o galego normativo, ou imos facer a nos propia
> normativa? Eu non creo que sexa quen de facelo, dende logo.
> 
> 
> E no caso de zorra, pois mira, estou seguro que tamén hai palabras que
> non sabes dicir en castelán e que empregas o galego, é lóxico cando es
> bilingüe. E ao explicar a anécdota falas como se soubeses todas as
> palabras do dicionario castelán...
> 
> 
> 
> En fin, que non esaxeremos con isto, que é normal que cada un fale o seu
> galego (e demos grazas, porque é unha cousa preciosa), pero que nós, se
> estamos traducindo software (libre, non o esquezamos), temos que
> procurar adaptarnos aos máis dos usuarios potenciáis, e coido que isto
> só o podemos facer co normativo.
> E se queremos traducir o noso galego, haberá que facer localizacións, e
> ao igual que hai ES_AR para a Arxentina, terá que haber un GL_CM para o
> galego da Costa da Morte... ou non? Pois se non, falemos o normativo.
> 
> 
> Pero vamos, que esta só é a miña opinión... se non vos gusta, teño outras ;)
> 
> Alejandro wrote:
>> Só unha preguntiña?
>> Cantos de vós falades galego a diario (totalmente)? Na casa, cos
>> amigo...etc..
>> Eu sou dun pobo da Costa da Morte (A Coruña) e sinceramente, nin diós usa, 
>> e
>> perdoade a expresión o "puto galego normativo".
>> 1ºPreguntade a calquera persoa dun pobo de galicia que pensa sobre o 
>> galego
>> normativo; Que da asco.
>>
>> Foi unha pregunta que lle fago moitas veces os compañeiros e mesmo a 
>> vellos,
>> e a resposta de todos parecese moitísimo: "Co bonito que son os acentos e 
>> os
>> dialectos, e non esa merda como falan os da telejaita".
>>
>> A maioría dos galegos usa dialectos (moi parecidos) e todos con influencia
>> do castelán.
>> Ningúen di o "o rato", din "o ratón", nin palabras desas raras que 
>> aparecen
>> nas traduccións, claramente sacadas da normativa e que nin diós sabe o que
>> significan.
>> Un exemplo moi típico, aínda que non ten que ver co mundo da informática,
>> sucedeunos en clase de física en 1º de Bacharelato (agora este ano vou
>> cursar 2º do C.S. Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas), foi que
>> leendo un problema de física poñía: "unha zorra baixa por unha montaña a
>> unha velocidade de 10m/s".
>>
>> O primeiro que pensamos todos foi: "que carallo fai un raposo baixando a 
>> esa
>> velocidade por unha montaña"
>> Pois resulta, que miramos no diccionario, e ZORRA siginifica TRINEO.
>> Nadie usa a palabra ZORRA, usáse TRINEO.
>>
>> Con todo isto, quero dicir, que non debemos seguir a norma o pé da letra,
>> porque ademáis de facerse un galego feo, polo menos para min, a maioría 
>> dos
>> galego falantes non entenden a maioría das traduccións, por usarse 
>> palabras
>> normativas que no galego habitual non se usan.
>> Debemos adaptarnos as PERSOAS non a NORMA.
>> Eu, sinceramente, cústame moito máis configurar o UBUNTU en GALEGO que en
>> CASTELÁN. En Castelán enterome de todo, en Galego non, e iso que falo 
>> galego
>> todo o día dende que nacín.
>>
>> É unha suxerencia, pero creo que é do máis acertada, e volvo repetir, hai
>> que adaptarse o USUARIO/PERSOA non a NORMATIVA.
>>
>> Un Saúdo!
>> ----- Original Message ----- 
>> From: "Festor" <festor90 at gmail.com>
>> To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team"
>> <ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
>> Sent: Friday, September 14, 2007 3:35 PM
>> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
>>
>>
>> El día 14/09/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
>>> Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino que
>>> moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
>>> erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
>>> normativas do galego (que as hai).
>>>
>>> Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e é
>>> o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
>>> un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
>>> natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?
>>
>> Non sei, alá vos, pero eu creo que debemos seguir unha normativa se non 
>> cada
>> un traducirá coma queira, como emprega a lingua ou como se fale alí onde
>> vive... e iso sería un caos.
>>
>> Non obstante, comprendo ca normaitva vixente non é tan cercana como
>> quixeramos pero aí está e debemos empregala sempre que podamos. Ubuntu é 
>> un
>> sistema operativo que pode empregarse en administracións públicas, en
>> empresas ou no fogar e debería seguir una normativa non "crear una nova"
>>
>> E que, imaxinaros, vos sodes un rapaz estudante que fala e emprega o 
>> Galego
>> que aprendeu na escola e se lle ocorre instalalo Ubuntu... ¿imaxinaros a 
>> sua
>> impresion o descoñecer expresións traducidas....?
>>
>> Vos mesmos, como xa dixen alá vos eu polo menos ata Decembro non volverei 
>> co
>> tema das traduccións e de seguir así creo que deixarei a un lado a miña
>> intención de pasalo Ubuntu o galego e quedareime co castelan xa que polo
>> menos é máis "uniforme".
>>
>> Ata outra :D
> 



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list