[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Alejandro alejandro.castromouzo at gmail.com
Fri Sep 14 16:50:53 BST 2007


uuuóooo!
Perdón, só taba dando a miña opinión; non quería montar follón nin nada.
Perdoade, de verdade que non pretendía meterme con ninguén, claro que fai 
falta seguir unha norma, o que pretendía dicir e que non fai falla seguila o 
100%, que sempre se pode recurrir a outros camiños, ou neste caso a outras 
palabras máis "entendibles" polo usuario.

Un Saúdo a todos!
----- Original Message ----- 
From: "Félix Horro Pita" <fhorro at corunet.com>
To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" 
<ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Sent: Friday, September 14, 2007 4:38 PM
Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas


Pero a ver... a que galego nos adaptamos? Ao da Costa da Morte? Ao da
Terra Cha? Ou a outro?

Pois iso xa o pensaron uns estudosos da lingua, que se xuntaron un día
nun sitio chamado Real Academia da Lingua Galega (que lle chaman RAG
para acurtar) e decidiron que as administracións públicas deberían
adaptarse a un que lle deron en chamar "normativo".

Se ninguén está de acordo coa norma, será porque esta tenta recoller
cousas de todos os dialectos, polo que non respecta ningún ao cen por cen.

Por ahí comentaron que o castelán é máis "uniforme". Isto é porque uns
estudosos da lingua castelán (haiche estudosos en todos os sitios!)
colleron un día o castelán de Castela e dixeron "ao carallo, xa temos
normativa" hai ben de anos.

E aos arxentinos e colombianos e peruanos, e incluso andaluces ou
galegos parécelles estupendo, seguro. E seguro que o respectan, tamén.
Seguro.


Sinceramente, prefiro o caso do galego. E os tradutores por suposto que
temos que empregar o galego normativo, ou imos facer a nos propia
normativa? Eu non creo que sexa quen de facelo, dende logo.


E no caso de zorra, pois mira, estou seguro que tamén hai palabras que
non sabes dicir en castelán e que empregas o galego, é lóxico cando es
bilingüe. E ao explicar a anécdota falas como se soubeses todas as
palabras do dicionario castelán...



En fin, que non esaxeremos con isto, que é normal que cada un fale o seu
galego (e demos grazas, porque é unha cousa preciosa), pero que nós, se
estamos traducindo software (libre, non o esquezamos), temos que
procurar adaptarnos aos máis dos usuarios potenciáis, e coido que isto
só o podemos facer co normativo.
E se queremos traducir o noso galego, haberá que facer localizacións, e
ao igual que hai ES_AR para a Arxentina, terá que haber un GL_CM para o
galego da Costa da Morte... ou non? Pois se non, falemos o normativo.


Pero vamos, que esta só é a miña opinión... se non vos gusta, teño outras ;)

Alejandro wrote:
> Só unha preguntiña?
> Cantos de vós falades galego a diario (totalmente)? Na casa, cos
> amigo...etc..
> Eu sou dun pobo da Costa da Morte (A Coruña) e sinceramente, nin diós usa, 
> e
> perdoade a expresión o "puto galego normativo".
> 1ºPreguntade a calquera persoa dun pobo de galicia que pensa sobre o 
> galego
> normativo; Que da asco.
>
> Foi unha pregunta que lle fago moitas veces os compañeiros e mesmo a 
> vellos,
> e a resposta de todos parecese moitísimo: "Co bonito que son os acentos e 
> os
> dialectos, e non esa merda como falan os da telejaita".
>
> A maioría dos galegos usa dialectos (moi parecidos) e todos con influencia
> do castelán.
> Ningúen di o "o rato", din "o ratón", nin palabras desas raras que 
> aparecen
> nas traduccións, claramente sacadas da normativa e que nin diós sabe o que
> significan.
> Un exemplo moi típico, aínda que non ten que ver co mundo da informática,
> sucedeunos en clase de física en 1º de Bacharelato (agora este ano vou
> cursar 2º do C.S. Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas), foi que
> leendo un problema de física poñía: "unha zorra baixa por unha montaña a
> unha velocidade de 10m/s".
>
> O primeiro que pensamos todos foi: "que carallo fai un raposo baixando a 
> esa
> velocidade por unha montaña"
> Pois resulta, que miramos no diccionario, e ZORRA siginifica TRINEO.
> Nadie usa a palabra ZORRA, usáse TRINEO.
>
> Con todo isto, quero dicir, que non debemos seguir a norma o pé da letra,
> porque ademáis de facerse un galego feo, polo menos para min, a maioría 
> dos
> galego falantes non entenden a maioría das traduccións, por usarse 
> palabras
> normativas que no galego habitual non se usan.
> Debemos adaptarnos as PERSOAS non a NORMA.
> Eu, sinceramente, cústame moito máis configurar o UBUNTU en GALEGO que en
> CASTELÁN. En Castelán enterome de todo, en Galego non, e iso que falo 
> galego
> todo o día dende que nacín.
>
> É unha suxerencia, pero creo que é do máis acertada, e volvo repetir, hai
> que adaptarse o USUARIO/PERSOA non a NORMATIVA.
>
> Un Saúdo!
> ----- Original Message ----- 
> From: "Festor" <festor90 at gmail.com>
> To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team"
> <ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
> Sent: Friday, September 14, 2007 3:35 PM
> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas
>
>
> El día 14/09/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
>> Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino que
>> moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
>> erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
>> normativas do galego (que as hai).
>>
>> Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e é
>> o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
>> un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
>> natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?
>
>
> Non sei, alá vos, pero eu creo que debemos seguir unha normativa se non 
> cada
> un traducirá coma queira, como emprega a lingua ou como se fale alí onde
> vive... e iso sería un caos.
>
> Non obstante, comprendo ca normaitva vixente non é tan cercana como
> quixeramos pero aí está e debemos empregala sempre que podamos. Ubuntu é 
> un
> sistema operativo que pode empregarse en administracións públicas, en
> empresas ou no fogar e debería seguir una normativa non "crear una nova"
>
> E que, imaxinaros, vos sodes un rapaz estudante que fala e emprega o 
> Galego
> que aprendeu na escola e se lle ocorre instalalo Ubuntu... ¿imaxinaros a 
> sua
> impresion o descoñecer expresións traducidas....?
>
> Vos mesmos, como xa dixen alá vos eu polo menos ata Decembro non volverei 
> co
> tema das traduccións e de seguir así creo que deixarei a un lado a miña
> intención de pasalo Ubuntu o galego e quedareime co castelan xa que polo
> menos é máis "uniforme".
>
> Ata outra :D

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list