[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Festor festor90 at gmail.com
Fri Sep 14 14:35:21 BST 2007


El día 14/09/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
>
> Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino que
> moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
> erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
> normativas do galego (que as hai).
>
> Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e é
> o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
> un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
> natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?


Non sei, alá vos, pero eu creo que debemos seguir unha normativa se non cada
un traducirá coma queira, como emprega a lingua ou como se fale alí onde
vive... e iso sería un caos.

Non obstante, comprendo ca normaitva vixente non é tan cercana como
quixeramos pero aí está e debemos empregala sempre que podamos. Ubuntu é un
sistema operativo que pode empregarse en administracións públicas, en
empresas ou no fogar e debería seguir una normativa non "crear una nova"

E que, imaxinaros, vos sodes un rapaz estudante que fala e emprega o Galego
que aprendeu na escola e se lle ocorre instalalo Ubuntu... ¿imaxinaros a sua
impresion o descoñecer expresións traducidas....?

Vos mesmos, como xa dixen alá vos eu polo menos ata Decembro non volverei co
tema das traduccións e de seguir así creo que deixarei a un lado a miña
intención de pasalo Ubuntu o galego e quedareime co castelan xa que polo
menos é máis "uniforme".

Ata outra :D


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list