[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Antón vegarede at yahoo.es
Fri Sep 14 14:12:13 BST 2007


Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino que
moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
normativas do galego (que as hai).

Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e é
o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?

Doutra banda, eu tento empregalo, pero, curiosamente, non puxeron a
ultima edición da normativa en liña como debía de ser (cousa de darlles
cartos as editoriais :|  ).

Unha aperta,

Antón.


O Ven, 14-09-2007 ás 14:55 +0200, Festor escribiu:
> > As tensións normativas dunha banda, tanto coma a influencia
> > castelanizante e/ou doutros idiomas, están afectando o galego, e moito.
> > E aínda que se agradecen as tentativas de "concordia" entre as distintas
> > correntes do galego, pode que nos esteñamos esquecendo de quen é o
> > distinto depositario cultural e efectivo do idioma: somos nos, o pobo,
> > os falantes, escribintes e escoitantes da fala e idioma
> 
> 
> O.o isto cada vez vai a peor...
> 
> Por favor, ¿alguen me pode dicir a normativa que empregades? ¿e que vades
> por libre? Así non me extraña que haxa tan pouca xente que utilize o Ubuntu
> en galego....
> 
> ¿No deberiamos seguila normativa oficial?


		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list