[Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas

Alejandro alejandro.castromouzo at gmail.com
Fri Sep 14 15:14:58 BST 2007


Só unha preguntiña?
Cantos de vós falades galego a diario (totalmente)? Na casa, cos 
amigo...etc..
Eu sou dun pobo da Costa da Morte (A Coruña) e sinceramente, nin diós usa, e 
perdoade a expresión o "puto galego normativo".
1ºPreguntade a calquera persoa dun pobo de galicia que pensa sobre o galego 
normativo; Que da asco.

Foi unha pregunta que lle fago moitas veces os compañeiros e mesmo a vellos, 
e a resposta de todos parecese moitísimo: "Co bonito que son os acentos e os 
dialectos, e non esa merda como falan os da telejaita".

A maioría dos galegos usa dialectos (moi parecidos) e todos con influencia 
do castelán.
Ningúen di o "o rato", din "o ratón", nin palabras desas raras que aparecen 
nas traduccións, claramente sacadas da normativa e que nin diós sabe o que 
significan.
Un exemplo moi típico, aínda que non ten que ver co mundo da informática, 
sucedeunos en clase de física en 1º de Bacharelato (agora este ano vou 
cursar 2º do C.S. Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas), foi que 
leendo un problema de física poñía: "unha zorra baixa por unha montaña a 
unha velocidade de 10m/s".

O primeiro que pensamos todos foi: "que carallo fai un raposo baixando a esa 
velocidade por unha montaña"
Pois resulta, que miramos no diccionario, e ZORRA siginifica TRINEO.
Nadie usa a palabra ZORRA, usáse TRINEO.

Con todo isto, quero dicir, que non debemos seguir a norma o pé da letra, 
porque ademáis de facerse un galego feo, polo menos para min, a maioría dos 
galego falantes non entenden a maioría das traduccións, por usarse palabras 
normativas que no galego habitual non se usan.
Debemos adaptarnos as PERSOAS non a NORMA.
Eu, sinceramente, cústame moito máis configurar o UBUNTU en GALEGO que en 
CASTELÁN. En Castelán enterome de todo, en Galego non, e iso que falo galego 
todo o día dende que nacín.

É unha suxerencia, pero creo que é do máis acertada, e volvo repetir, hai 
que adaptarse o USUARIO/PERSOA non a NORMATIVA.

Un Saúdo!
----- Original Message ----- 
From: "Festor" <festor90 at gmail.com>
To: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" 
<ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
Sent: Friday, September 14, 2007 3:35 PM
Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Algunhas dubidas


El día 14/09/07, Antón <vegarede at yahoo.es> escribió:
>
> Eu que saiba, téntase emprega-lo normativo. Pero, con todo, eu opino que
> moita xente usa as traducións, por moito que, ás veces, sexan algo
> erróneas conforme non só á normativa, senón mesmo as diferentes
> normativas do galego (que as hai).
>
> Comprendo que estando en 1º de Bac. tentes seguir tanto a normativa, e é
> o natural, agora, tamén penso que (aínda que esto que vou a dicir sone
> un pouco "fora de tema") hai que loitar por unha normativa que sexa
> natural para @s empregantes do idioma, ¿non cres?


Non sei, alá vos, pero eu creo que debemos seguir unha normativa se non cada
un traducirá coma queira, como emprega a lingua ou como se fale alí onde
vive... e iso sería un caos.

Non obstante, comprendo ca normaitva vixente non é tan cercana como
quixeramos pero aí está e debemos empregala sempre que podamos. Ubuntu é un
sistema operativo que pode empregarse en administracións públicas, en
empresas ou no fogar e debería seguir una normativa non "crear una nova"

E que, imaxinaros, vos sodes un rapaz estudante que fala e emprega o Galego
que aprendeu na escola e se lle ocorre instalalo Ubuntu... ¿imaxinaros a sua
impresion o descoñecer expresións traducidas....?

Vos mesmos, como xa dixen alá vos eu polo menos ata Decembro non volverei co
tema das traduccións e de seguir así creo que deixarei a un lado a miña
intención de pasalo Ubuntu o galego e quedareime co castelan xa que polo
menos é máis "uniforme".

Ata outra :D
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list