[Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún
Rafa Couto
rafacouto at gmail.com
Mon May 28 11:27:36 BST 2007
>
> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos
> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
>
> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
>
Boas :-)
Revisei todo o fío e só acadei esa ligazón. Mentres, estades a falar doutros
glosarios que xa estaban feitos. ¿Podedes indicar onde?
Por outra banda, eu tamén son partidario de unificar criterios e de que haxa
un glosario, completo e con aportacións de todo o mundo. ¿Onde debe estar?
Pois nun sitio neutral, e se pode ser, institucional: mancomun.org (é a miña
sinceira opinión, nada máis).
E ainda que vai fora de tema, e coma esta é unha das miñas primeiras
mensaxes (non lembro se me presentei), pois dicirvos que tamén estou no
Galiza Drupal Group (http://groups.drupal.org/galiza) para principalmente
traducir o CMS ó galego e votarei man de vós, se non vos importa, para
algunhas dúbidas lingüisticas que nos poden "culturizar" a todos :-)
Unha aperta, RC.
--
Rafa Couto (caligari)
mailto:rafacouto @gmail.com
Linux user #99126 (http://counter.li.org)
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list