[Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon May 28 12:15:30 BST 2007
Home, creo que esta conversa xa é algo vella, xa que non me lembro
dela, pero supoño que estariamos a falar de glosarios coma o de
Trasno, grupo que leva moitisimos máis anos traducindo software ca
calquera outro do que oin falar. A ligazón é
http://trasno.net/trasno:glosario
Tedes máis recursos en http://trasno.net/trasno:recursos
Ata logo,
Leandro Regueiro
On 5/28/07, Rafa Couto <rafacouto at gmail.com> wrote:
> >
> > En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos
> > inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
> > Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> >
> > A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> >
>
>
> Boas :-)
>
> Revisei todo o fío e só acadei esa ligazón. Mentres, estades a falar doutros
> glosarios que xa estaban feitos. ¿Podedes indicar onde?
>
> Por outra banda, eu tamén son partidario de unificar criterios e de que haxa
> un glosario, completo e con aportacións de todo o mundo. ¿Onde debe estar?
> Pois nun sitio neutral, e se pode ser, institucional: mancomun.org (é a miña
> sinceira opinión, nada máis).
>
> E ainda que vai fora de tema, e coma esta é unha das miñas primeiras
> mensaxes (non lembro se me presentei), pois dicirvos que tamén estou no
> Galiza Drupal Group (http://groups.drupal.org/galiza) para principalmente
> traducir o CMS ó galego e votarei man de vós, se non vos importa, para
> algunhas dúbidas lingüisticas que nos poden "culturizar" a todos :-)
>
>
> Unha aperta, RC.
>
>
> --
> Rafa Couto (caligari)
> mailto:rafacouto @gmail.com
> Linux user #99126 (http://counter.li.org)
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list