[Tradutores-Ubuntu] [OFF] Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Glosario en Mancomún
Beni
obieito at meigabyte.com
Fri May 11 09:34:08 BST 2007
Coño Arribi! E logo ti por aquí??? :D
El jue, 10-05-2007 a las 18:20 +0200, J. Arribi escribió:
> Ola Dani:
>
> O primeiro, agradecerche a ti e ao resto da lista os comentarios.
> Parecía que a lista estaba morta :-). Dito isto, gustaríame aportar un
> par de matizacións, sempre en positivo.
>
> O glosario é froito do traballo de localización feito por voluntarios e
> varias empresas de tradución galegas. Toda a terminoloxía, na medida do
> posible, foi sancionada polo Termigal que é o "organismo encargado da
> coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á nosa
> lingua" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal). Aínda así, teño que
> dicir que o valor engadido aportado polas empresas e voluntarios foi
> determinante. En calquera caso non creo que sexa positivo entrar a
> discutir sobre as eleccións dos termos elixidos para o glosario nesta
> lista, xa que para elo habilitamos o wiki. Mancomun.org non escolleu
> ventá, foi o Termigal, por certo, para a nosa sorpresa.
>
> Respecto a determinadas opcións como -ble ou -bel forman parte da guía
> de estilo de cada grupo de tradución, e como tal cada quen debe escoller
> ao seu gusto as súas opcións estilísticas, sen dúbida.
>
> Por último, o wiki é un espazo aberto así que penso que algo debeu
> fallar porque se te rexistras podes modificar calquera termo sen
> necesidade de aprobación previa, ademais de ter unha sección de
> discusión moi útil coa que debater.
>
> Un saúdo.
>
> J. Arribi
>
> /
>
> /
> Dani Muñiz escribiu:
> > Ola:
> > Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> > Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> > Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se
> > pode editar.
> > Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un
> > traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe
> > pero penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen
> > consensuados). :
> > Por exemplo aprecio no de trasno:
> >
> > window
> > 1. n.f. fiestra (recomendado)
> > 2. n.f. xanela
> > 3. n.f. ventá
> >
> > e no de man común: optan por ventá
> >
> > É un pequeno detalle e hai máis
> >
> > Saudos
> >
> >
> > Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> >> Ola a todos,
> >>
> >> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnol'óxicos
> >> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
> >> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> >>
> >> Un saúdo.
> >>
> >> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> >>
> >>
> >
> > ------------------------------------------------------------------------
> >
> > _______________________________________________
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> > Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list