[Tradutores-Ubuntu] [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Glosario en Mancomún

J. Arribi arribi at cesga.es
Thu May 10 17:20:34 BST 2007


Ola Dani:

O primeiro, agradecerche a ti e ao resto da lista os comentarios. 
Parecía que a lista estaba morta :-). Dito isto, gustaríame aportar un 
par de matizacións, sempre en positivo.

O glosario é froito do traballo de localización feito por voluntarios e 
varias empresas de tradución galegas. Toda a terminoloxía, na medida do 
posible, foi sancionada polo Termigal que é o "organismo encargado da 
coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á nosa 
lingua" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal). Aínda así, teño que 
dicir que o valor engadido aportado polas empresas e voluntarios foi 
determinante. En calquera caso non creo que sexa positivo entrar a 
discutir sobre as eleccións dos termos elixidos para o glosario nesta 
lista, xa que para elo habilitamos o wiki. Mancomun.org non escolleu 
ventá, foi o Termigal, por certo, para a nosa sorpresa.

Respecto a determinadas opcións como -ble ou -bel forman parte da guía 
de estilo de cada grupo de tradución, e como tal cada quen debe escoller 
ao seu gusto as súas opcións estilísticas, sen dúbida.

Por último, o wiki é un espazo aberto así que penso que algo debeu 
fallar porque se te rexistras podes modificar calquera termo sen 
necesidade de aprobación previa, ademais de ter unha sección de 
discusión moi útil coa que debater.

Un saúdo.

J. Arribi

/

/
Dani Muñiz escribiu:
> Ola:
> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
> pode editar.
> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe 
> pero penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
> consensuados). :
> Por exemplo aprecio no de trasno:
>
> window
> 1. n.f. fiestra (recomendado)
> 2. n.f. xanela
> 3. n.f. ventá
>
> e no de man común: optan por ventá
>
> É un pequeno detalle e hai máis
>
> Saudos
>
>
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>> Ola a todos,
>>
>> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnol'óxicos 
>> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
>> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
>>
>>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>   



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list