[Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún
Nacho
nacho.resa at gmail.com
Thu May 10 10:26:44 BST 2007
Ola,
coma sempre xa nos metemos en debates terminolóxicos
que nunca acaban. Ao final un terá que escoller uns termos
e claro está, non todos estarán de acordo.
Saúdos.
On 5/10/07, Nacho [eXr] <nacho.exr at gmail.com> wrote:
>
> Ola,
>
> eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
> pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
> terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O mesmo
> podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...
>
> De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
> seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.
>
> Un saúdo
>
> On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:
>
> > Ola:
> > Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> > Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> > Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se
> > pode editar.
> > Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un
> > traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero
> > penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen
> > consensuados). :
> > Por exemplo aprecio no de trasno:
> >
> > window
> > 1. n.f. fiestra (recomendado)
> > 2. n.f. xanela
> > 3. n.f. ventá
> >
> > e no de man común: optan por ventá
> >
> > É un pequeno detalle e hai máis
> >
> > Saudos
> >
> >
> > Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > > Ola a todos,
> > >
> > > En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos
> > > inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
> > > Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> > >
> > > Un saúdo.
> > >
> > > A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> > >
> > >
> >
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list