[Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún
Nacho [eXr]
nacho.exr at gmail.com
Thu May 10 10:21:12 BST 2007
Ola,
eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O mesmo
podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...
De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.
Un saúdo
On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:
> Ola:
> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se
> pode editar.
> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un
> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero
> penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen
> consensuados). :
> Por exemplo aprecio no de trasno:
>
> window
> 1. n.f. fiestra (recomendado)
> 2. n.f. xanela
> 3. n.f. ventá
>
> e no de man común: optan por ventá
>
> É un pequeno detalle e hai máis
>
> Saudos
>
>
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > Ola a todos,
> >
> > En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos
> > inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
> > Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> >
> > Un saúdo.
> >
> > A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> >
> >
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list