[Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Thu May 10 10:34:32 BST 2007
Nesta lista, a maioría das traducións deberían ser as das modificacións
que fan en Ubuntu de programas que xa están medio/completamente
traducidos, polo que deberíamos seguir o glosario do tradutor orixinal
(para non romper a unidade da aplicación), pero no caso das aplicacións
concretas de Ubuntu que se traducen enteiras, ou os que traduzamos algún
programa por outro lado:
¿Que glosario deberíamos seguir?
Non teño unha opinión formada, gustaríame saber que opinades.
Un saúdo.
Felipe.
P.S.: Se non nos gusta totalmente o de Mancomún, sempre o poderíamos
copiar e modificar ao noso gusto (supoño que non haberá ningún problema
de tipo legal).
Nacho [eXr] wrote:
> Ola,
>
> eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
> pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
> terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O mesmo
> podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...
>
> De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
> seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.
>
> Un saúdo
>
> On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:
>
>
>> Ola:
>> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
>> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
>> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se
>> pode editar.
>> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un
>> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero
>> penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen
>> consensuados). :
>> Por exemplo aprecio no de trasno:
>>
>> window
>> 1. n.f. fiestra (recomendado)
>> 2. n.f. xanela
>> 3. n.f. ventá
>>
>> e no de man común: optan por ventá
>>
>> É un pequeno detalle e hai máis
>>
>> Saudos
>>
>>
>> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>>
>>> Ola a todos,
>>>
>>> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos
>>> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org,
>>> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
>>>
>>> Un saúdo.
>>>
>>> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
>>>
>>>
>>>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list