[Tradutores-Ubuntu] Dicionario desactualizado

Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz at gmail.com
Tue Feb 27 20:44:49 GMT 2007


Por min vale, eu sumome, como xa dixen xa lle enviei varios e fixeron
ouvidos xordos.

Por outro lado comentarlle a Marcos García, que eu non falei da RAE
senón da AGAL (Associaçom Galega da Língua)http://www.agal-gz.org/

O seu dicionario o Estravis ten máis de 90.000 entradas.



Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Antón escribió:
> Estimados compañeiros,
> 
> Eu penso, respecto ao da RAG que non sería mala idea contactar coa
> ciberirmandade da fala e propoñerlles enviar, conxuntamente con elas e
> outras organizacións a prol do idioma( Mesa, ILGA -Instituto da Lingua
> Galega-organización que estivo presente no proceso de reforma, etc.) un
> inquérito para que actualicen xa o dicionario en liña.
> 
> Podíase promover un wiki, onde cada quen colgara o seu correo enviado
> (sacado do cartafol de mensaxes enviadas -aos que usedes hotmail por
> web, recoméndovos ir a opcións e que lle digades ao sistema que garde os
> enviados-, por outra banda, mellor que cambiedes de provedor).
> 
> Así, non poden facer "oidos sordos" dicindo que non se lles envía
> correo,e, se non os reciben, poden consultalos na web ;).
> 
> Unha aperta,
> 
> Antón.
> 
> 
> 		
> ______________________________________________ 
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
> http://es.voice.yahoo.com
> 
> 



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list