[Tradutores-Ubuntu] Dicionario desactualizado

Antón vegarede at yahoo.es
Tue Feb 27 19:17:40 GMT 2007


Estimados compañeiros,

Eu penso, respecto ao da RAG que non sería mala idea contactar coa
ciberirmandade da fala e propoñerlles enviar, conxuntamente con elas e
outras organizacións a prol do idioma( Mesa, ILGA -Instituto da Lingua
Galega-organización que estivo presente no proceso de reforma, etc.) un
inquérito para que actualicen xa o dicionario en liña.

Podíase promover un wiki, onde cada quen colgara o seu correo enviado
(sacado do cartafol de mensaxes enviadas -aos que usedes hotmail por
web, recoméndovos ir a opcións e que lle digades ao sistema que garde os
enviados-, por outra banda, mellor que cambiedes de provedor).

Así, non poden facer "oidos sordos" dicindo que non se lles envía
correo,e, se non os reciben, poden consultalos na web ;).

Unha aperta,

Antón.


		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list