[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Antón vegarede at yahoo.es
Mon Feb 26 17:48:27 GMT 2007


Boas Marcos,

Acabo de ver unha mensaxe enviada á lista na que dis que o teu galego
non é moi bó. A cuestión é que, eu, que levo 23 dos meus 29 anos
traducindo os meus apuntes (de xeito case que automático) ao galego, e
que os meus pais me falaron en galego, resulta que non vivín nunca na
aldea. Meus pais non eran da cidade, mais bastantes anos antes de que eu
nacera ambos se trasladaron a Lugo, e alí nacín eu.

Doutra banda, alomenos ti usas o que podes o galego, e é así,
usándoo,como se aprende. Doutra banda, temos que hai un grave problema
co galego, e é un problema, achacable máis ben a uns señores que se din
"académicos" e é o do cambio permanente do galego máis alá do
recomendable.

Se un vé o que fai a "Real Academia Española" da Lingua Castelá, resulta
que cada edición do dicionario (¿ou era diccionario?) pode que inclúan
algunha verba, ou mesmo que cambien algunha das definicións dalgún
termo, mais non fan o que a "Real Academia Galega", na que as verbas
cambian de escrita e pronuncia, algunhas verbas desaparecen, e outras
aparecen, e todo polo batiburrillo idiomático de correntes culturais
que, se ben teñen o seu fundamento, queren todo moi "aquí e agora",
tentando impor o seu modelo por riba dos demáis, e onde os académicos
fan unha "normativa de concordia" no canto de facer investigacións
rigorosas de como é realmente, e como cambiou o galego ao longo do
tempo.

Con todos estes elementos, non é de estranar que un/unha sempre teña a
impresión de que están a converter o galego nunha "lingua aparente" ou
mesmo nunha "lingua artificial elaborada por académicos".

Polas todas estas e outras razóns, amáis de traducir, haberá que (por
medio de grupos como "A Mesa (pola normalización lingüística)" ou a
ciberirmandade, e demáis, debemos esixir (si, señores e señoras, esixir
-que alguén me diga se me trabuquei na escrita-) que @s señores/as
académic at s se adiquen, dunha vez, a facer investigación no tocante á
lingua e non a inventar un 'galego virtual e aparente', e, no canto
deso, realmente nos leguen unha lingua viva e que responda a toda a
longa historia que ten, no canto de quedarse nas múltiples correntes do
galego que, podendo integralas no proxecto común da cultura galega,
doutra banda, pode que deberan estar aparte, ou como opción á hora da
escrita e da fala, tendo como lingua normal ("estándar") aquela que
mellor se teña adaptado ao devir histórico, social e político.

Unha aperta,

Antón Vega.


		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list