[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución
Marcos García
marcosgdf at gmail.com
Mon Feb 26 18:03:17 GMT 2007
Estou impresionado do ben que falas galego, mi madriña.....
PD: Meu difunto pai (morreu en Novembro 2006 :( ) foi de Aranda de Duero e a
miña nai é de aquí, de coruña, pero meus pais educáronme en castelán, e
todo-los meus parentes fálanme en galego, mais eu conservo o meu galego
gracias ó meu colexio (Colexio Obradoiro)
PD: Dise colexio??' xDDD
Unha aperta a todos e graciñas Antón por ese emilio que tés razón e estou de
acordo contigo.
2007/2/26, Antón <vegarede at yahoo.es>:
>
> Boas Marcos,
>
> Acabo de ver unha mensaxe enviada á lista na que dis que o teu galego
> non é moi bó. A cuestión é que, eu, que levo 23 dos meus 29 anos
> traducindo os meus apuntes (de xeito case que automático) ao galego, e
> que os meus pais me falaron en galego, resulta que non vivín nunca na
> aldea. Meus pais non eran da cidade, mais bastantes anos antes de que eu
> nacera ambos se trasladaron a Lugo, e alí nacín eu.
>
> Doutra banda, alomenos ti usas o que podes o galego, e é así,
> usándoo,como se aprende. Doutra banda, temos que hai un grave problema
> co galego, e é un problema, achacable máis ben a uns señores que se din
> "académicos" e é o do cambio permanente do galego máis alá do
> recomendable.
>
> Se un vé o que fai a "Real Academia Española" da Lingua Castelá, resulta
> que cada edición do dicionario (¿ou era diccionario?) pode que inclúan
> algunha verba, ou mesmo que cambien algunha das definicións dalgún
> termo, mais non fan o que a "Real Academia Galega", na que as verbas
> cambian de escrita e pronuncia, algunhas verbas desaparecen, e outras
> aparecen, e todo polo batiburrillo idiomático de correntes culturais
> que, se ben teñen o seu fundamento, queren todo moi "aquí e agora",
> tentando impor o seu modelo por riba dos demáis, e onde os académicos
> fan unha "normativa de concordia" no canto de facer investigacións
> rigorosas de como é realmente, e como cambiou o galego ao longo do
> tempo.
>
> Con todos estes elementos, non é de estranar que un/unha sempre teña a
> impresión de que están a converter o galego nunha "lingua aparente" ou
> mesmo nunha "lingua artificial elaborada por académicos".
>
> Polas todas estas e outras razóns, amáis de traducir, haberá que (por
> medio de grupos como "A Mesa (pola normalización lingüística)" ou a
> ciberirmandade, e demáis, debemos esixir (si, señores e señoras, esixir
> -que alguén me diga se me trabuquei na escrita-) que @s señores/as
> académic at s se adiquen, dunha vez, a facer investigación no tocante á
> lingua e non a inventar un 'galego virtual e aparente', e, no canto
> deso, realmente nos leguen unha lingua viva e que responda a toda a
> longa historia que ten, no canto de quedarse nas múltiples correntes do
> galego que, podendo integralas no proxecto común da cultura galega,
> doutra banda, pode que deberan estar aparte, ou como opción á hora da
> escrita e da fala, tendo como lingua normal ("estándar") aquela que
> mellor se teña adaptado ao devir histórico, social e político.
>
> Unha aperta,
>
> Antón Vega.
>
>
>
> ______________________________________________
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> http://es.voice.yahoo.com
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
--------------------------------------------------------
Marquitox
--------------------------------------------------------
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list