[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Marcos García marcosgdf at gmail.com
Mon Feb 26 17:15:43 GMT 2007


Boas Felipe:

Replanteándome a pertenza o grupo de traducción de ubuntu, non sei se merezo
estar aquí. O meu galego non é moi bó, traduzo mellor do ingles-> español e
galego -> español se as palabras están no meu vocabulario.
Nótase moito a impoñenza do español na xuventude, xa que moita xente,
pásalle como a min, que non somos de aldea, e non temos apenas vocabulario,
polo que acabamos adoptando o español
Opinando sobre o que ti dixeches de desactivar as contas, pois paréceme boa
idea, ainda que podo ser un dos perxudicados. Dende hoxe, vou comezar a
traducir o que poida, xa que estou con exames de avaliación.

PD: Voume apuntar á beta de Launchad e pondreime a traducir o 7.04 Feisty
Fawn.

PD2: Se vés algún erro nas miñas traduccións, (imaxino que isto non o debo
dicir, porque se sobreentende) comúnicamo mediante as listas de correo.

Saludos, Marcos


El día 26/02/07, Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com> escribió:
>
> Ola a todos,
>
> A maioría dos grupos de tradución de Ubuntu están restrinxindo a
> pertenza ao grupo a aquelas persoas que realicen traducións (correctas),
> deixándolle ao resto a posibilidade de facer suxestións.
>
> Ata agora no noso grupo estábase renovando a pertenza de forma
> automática. Seguindo as políticas dos outros grupos, o  procedemento
> cando a alguén lle caduque a conta pasa a ser o seguinte:
>
>   1. Colaborar activamente na tradución de cadeas.
>   2. Mandar un correo á lista solicitando a reactivación.
>
> Despois de comprobar que efectivamente se realizan traducións sen
> incorreccións, reactivarase a conta. *¿Opinións?*
>
>
> Un saúdo.
>    Felipe.
>
>
> P.S.: Como indicaba no correo anterior, que tamén mandei a "trasno" e a
> "mancomún", ao longo desta semana vaise poder traducir "Ubuntu Feisty".
>
> P.S (2): Está activa unha nova versión de launchpad en
> https://beta.launchpad.net (mellorou moito gráficamente).  Polo momento
> só se pode usar uníndose ao grupo de "beta testers".
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
--------------------------------------------------------
Marquitox
--------------------------------------------------------


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list